A delegación de estudantes da Universidade Miguel Hernández de Elche convoca o VII concurso de maquetas de pontes construídas con paus de xeado e cola branca.
Trátase dun concurso para estudantes universitarios de todo o estado, que poden participar en calquera destas tres categorías:
- Peso: Nesta categoría gaña a ponte que consiga resistir máis peso cumprindo cunha serie de requisitos na súa construción.
- Estética: Valórase o deseño.
- Mobilidade: Aquí prémianse as pontes articuladas, que poden dispoñer de motores e compoñentes electrónicos.
Es estudiante da universidade? Anímate a participar. Tes toda a información en: www.epse.es/concursodepuentes/
Tamén teñen unha categoría Junior, para estudantes do 2º ciclo de ESO, Bacharelato e Formación Profesional, pero só para centros da provincia de Alicante. Neste caso trátase de construír a ponte que soporte máis peso sen deformarse.
Se nos les desde un intituto de Alicante, podes descargar aquí as bases para a categoría Junior (pdf)
Dada a restrición para centros de Alicante non podemos participar, pero non está de máis botarlle unha ollada á galería que teñen en Flikr, onde se mostran interesantes deseños.
Antes de poñerte a construír convén probar o deseño nun simulador. Na sección de ligazóns tedes varios simuladores e xogos de estruturas resistentes.
O que máis me gusta para educación secundaria é o simulador West Point Bridge Design Contest. Deseña a túa ponte e comproba que resiste o paso dun camión.