Revista Búsola

busola.jpgAcaba de saír á luz o número 4 da revista Búsola, que edita a Casa da Cultura do Concello de Valadouro (Lugo), unha revista cultural que non se esquece da ciencia e da tecnoloxía como parte dela.

Encargáronme escribir para este número un artigo que falase “sobre a tecnoloxía e a súa situación no ensino, metodoloxia, innovacións para o futuro, retos, fallos, importancia da asignatura no sistema educativo, …” así que alí aportei o meu gran de area na divulgación da tecnoloxía e do que estamos a facer nas aulas.

Se vos interesa podédelo ler a partir da páxina 43 (pdf).


2 comentarios en “Revista Búsola”

  1. na presentación en Ferreira, a tecnoloxia tivo un papel protagonista, a xente quedouse reflexionando sobre a necesidade de promocionar a tecnoloxia na educación e na sociedade.
    Moitísimas grazas por todo María

    Responder

Deixa un comentario