Premiados en Robocampeones 2010!

O alumnado do IES Primeiro de Marzo de Baiona foi premiado no campionato de robótica Robocampeones 2010 que se celebrou o venres 28 de maio no IES Jovellanos de Fuenlabrada (Madrid)

O segundo posto da Proba Libre levouno a máquina expendedora de caramelos “Lambetadas Baiona” que deseñaron, construíron e programaron os alumnos de Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato. Un gran traballo de enxeñería. Parabéns!

Os representantes en Madrid foron Damián, Pablo e Javier

lambetadas1.jpglambetadas2.jpg

Máis adiante xa publicaremos máis fotos, vídeos e a explicación do funcionamento da máquina que, resumindo, é capaz de distinguir moedas de 50 e 10 céntimos e permite a selección de tres tipos de caramelos mediante dous mecanismos diferentes.
(Actualización: Xa podes ver a páxina do proxecto)

Na Proba de Rescate, na que participaron unha trintena de equipos, tamén quedaron moi ben.

O equipo Lucecú formado por Daniel (4º ESO A) e Javier (1º Bach) quedou terceiro. Un gran traballo, Felicidades!

3rescate.jpg

O equipo O Morriñas formado por Jessica e Anxo de 4º ESO B quedou no cuarto posto. Non levaron copa, pero o resultado é tamén magnífico. Parabéns!

4rescate.jpg

O equipo Sapoconcho formado por Irene e Arancha de 4º A non se clasificou para a final debido a un problema ao esquivar unha lata, pero fixérono tamén fenomenal. Son tamén unhas campioas!

5rescate.jpg

Moitos alumnos e alumnas quedaron en Baiona e non puideron asistir á competición, pero tamén traballaron estupendamente todo este tempo. Os premios son para todos e todas, xa que son produto da enorme implicación e traballo en equipo do alumnado de Tecnoloxía. Felicidades!

todos.jpg

Grazas ao IES Gaspar Melchor de Jovellanos e en especial a Víctor polo traballo de organización, e o noso máis sinceiro agradecemento a César e ao alumnado do IES El Greco de Toledo polo magnífico trato recibido acolléndonos no seu instituto os días previos á competición.

Actualización 01-xuño-2010
Saímos no xornal Faro de Vigo (clica na imaxe para ampliar)

FarodeVigo01-06-2010.jpg

Todo isto é posible grazas ao programa Arce de agrupamentos escolares do Ministerio de Educación.


9 comentarios en “Premiados en Robocampeones 2010!”

  1. Grazas a todos. A verdade é que estou moi contenta cos resultados.

    Reyes, supoño que felicitarás tamén ao alumnado de 4º de ESO que participou na proba de rescate. A culpa foi miña pois non dixen que eran dese curso. Agora xa está corrixido.

    Responder
  2. FELCIDADES A TODOS … los que fueron, los que se quedaron, los alumnos, los profes, los que consiguieron premio, los que no, … !!!

    Nosotros también trabajamos robótica con Lego. No conozco ningún alumno de ninguna edad a quien no motiven actividades de este tipo. Pero tenemos que hacerlo extraescolarmente: problemas de material, de currículo, de dinero. Poco a poco …

    Responder
  3. Carolina, o único problema é conseguir os cartos, pero unha vez que se ten o material o currículo non é ningún problema. En 4º de ESO hai un tema de control e robótica, en nos outros cursos podes adaptalo. Eu métoo en 1º de bacharelato, recortando/resumindo outros temas de chapatoria que non conducen a nada. Por que non facelo?

    Os currículos son excesivamente ríxidos e estáticos para unha materia en constante evolución e que precisa da realización práctica de proxectos para que adquira algo de sentido. Respecto ao currículo non te cortes.

    Responder

Deixa una resposta a María L Cancelar a resposta