Estupenda animación de Stephen Ong que ilustra o consumismo do que somos vítimas na sociedade actual.
“Se isto segue así, o home vai atrofiar tódolos seus membros agás o dedo de premer botóns.”
[When Humans Ruled the Earth from Stephen Ong on Vimeo.]
(Vía: Artivismo)
Desafortunadamente, hai moita xente que pensa que a tecnoloxía debe aspirar a construir un mundo así, tal vez con un interfaz máis amigable, pero así a fin de contas.
É unha visión catastrofista da intervención humana no entorno, pero non é a tecnoloxía a que constrúe ese terrible mundo, senón a economía. A tecnoloxía só está ao servizo das persoas e da sociedade para facilitar a vida e solucionar problemas, pero quen manda é o diñeiro. Creo que a crítica ten que ir por aí.
Perfectamente matizado.
Como se pode ver no video http://www.youtube.com/watch?v=QosF0b0i2f0 a maioría das veces a tecnoloxía está ao servizo da economía, pois aumentando o consumismo aumenta a economía mundial…. As grandes empresas limitan a vida útil dos aparellos para que consumamos mais, o que implica contaminación, esgotamento dos recursos, e a maioría das veces sen ter en conta a sostibilidade, a reciclaxe ou simplemente a reparación (na actualidade e máis barato comprar un produto novo que reparar un obsoleto)
Grazas polo vídeo, Reyes, interesantísimo! Merécese un post.
A verdade é que ultimamente estamos vendo como todo está poñéndose ao servizo da economía. Non só a tecnoloxía, tamén a cultura, a política, a comunicación, as leis, … e incluso diría que a propia democracia. Supoño que isto terá que estoupar nalgún intre.
Veña, graciñas de novo