Engrenaxes con formas orgánicas

Xa sabemos como construír as nosas propias engrenaxes grazas a un xerador de plantillas, facelas de cartolina e tamén sabemos que hai engrenaxes que non son circulares.

Agora, grazas as explicacións de Clayton Boyer, podemos probar construír engrenaxes con formas orgánicas moi pouco convencionais. Mírao neste vídeo:


[youtube: How To Make Organically-Shaped Gears]
(Visto en The Automata/Automaton Blog)

Parece doado de facer, e non é que sirvan de moito, pero resultan ben orixinais.

Ver máis anotacións sobre engrenaxes


3 comentarios en “Engrenaxes con formas orgánicas”

  1. Home, trátase de que o alumnado de 2º de ESO (e quen queira) sexa capaz de facer engrenaxes sen que escape correndo :-D
    Pero está ben a referencia ao libro para que se saiba que as engrenaxes teñen a súa complexidade

    Responder

Deixa una resposta a María L Cancelar a resposta