Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Xa está en marcha a “Xornada pola Ciencia e a Tecnoloxía en Galego” do 4 de novembro, unha xornada dirixida dende o ensino a toda a sociedade galega, para defender a idoneidade do uso do galego nas áreas científico-tecnolóxicas, comunicarlle á sociedade o orgullo de expresar ciencia e tecnoloxía en galego e divulgar experiencias científicas e tecnolóxicas pensadas e desenvolvidas en galego.

En coordinación coa CENDL e apetega, tecnoloxia.org súmase coa actividade “Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego“, iniciativa que pretende dar a coñecer e difundir vocabulario técnico existente na nosa lingua, perfectamente válido para expresar e difundir tecnoloxía.

cartaz

Nunha primeira fase calquera persoa pode participar a través dun formulario aportando aquela terminoloxía en galego utilizada no campo da tecnoloxía. Animádevos a participar!

Nunha segunda fase, coincidindo coa celebración da Xornada pola Ciencia o 4 de novembro, poderá utilizarse este léxico recollido nas actividades que se organicen en cada centro de ensino. Hai algunhas propostas, e vós tamén podedes participar enviando as vosas suxestións.


10 comentarios en “Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.”

  1. Vou aprendendo. Eu chameille sempre cegoñal e non sabía que se podía chamar tamén veo de manivelas.
    Xano, a zoca tamén podémola meter nós, a xente de tecno, así que agradécese revisión dos especialistas da lingua.

    Responder
  2. Algunhas das imaxes que subides están a dar problemas e non se visualizan (sucede cando no nome do ficheiro hai til, ñ, ou caracteres especiais). Estounas cambiando a man por outras. Dígovolo por se vedes que aparece outra imaxe que non é a vosa. Pasoume co cegoñal.

    Responder
  3. Cando aparece algún termo repetido o que fago é quedar co que está mellor explicado, ou combino o que se conte en varias mensaxes. Por exemplo “altofalante” é unha combinación do enviado por dúas persoas.
    É por iso que podedes atopar que o que aparece non é exactamente o que enviastes.

    Responder
  4. Estamos moi de acordo de con éstas iniciativas.
    Contribuiremos en todo o que puidamos levar adiante nesta proposta, con actos como por exemplo participando nos formularios ditos ou enviando suxestións.
    Unha aperta

    Responder

Deixa una resposta a adrianes Cancelar a resposta