Buscando información sobre o entorno de programación Modkit do que vos falei onte, atopeime con S4A, Scratch para Arduino, outro sistema que permite a programación de arduino con scratch feito desde smalltalk.cat.
A diferenza de Modkit, que require invitación, neste caso está dispoñible o software e o firmware para arduino, así que xa podedes probalo. Parece que é un proxecto novo, e teñen pensado facer novas actualizacións e engadir documentación, así que se vos interesa estade atentos ás novidades.
Na páxina do proxecto en Citilab, seleccionando “arduino” no menú, tedes máis información e vídeos.
[scratchcitilab on livestream.com. Broadcast Live Free]
Lembra tamén que se pode elixir galego como idioma da aplicación.