Sensor de choiva

Falando o outro día sobre os sensores que levan os coches alguén mencionou o sensor de choiva, que fai que se activen automaticamente os limpaparabrisas cando chove.

O funcionamento é simple: No interior do sensor temos un díodo LED que emite luz e un fotodíodo que actúa como receptor desa luz. Cando unha pinga de auga cae sobre o parabrisas varían a intensidade e o ángulo da luz reflectida, e esta variación será percibida polo receptor, que deixará pasar máis ou menos corrente en función da luz recibida.
Estes datos de intensidade de corrente envíanse a un controlador que regulará a velocidade do limpaparabrisas, elixindo a máis axeitada dependendo da cantidade de auga detectada.

[Animación flash de Bosch]

Ademais dos díodos emisores e receptores para detectar a choiva o sistema incorpora outros sensores de luz ambiental e de puntos afastados que permiten medir o nivel de iluminación exterior e acender as luces automaticamente se é necesario. Cómpre medir a luz ambiental porque pola noite os limpaparabrisas deben moverse máis rápido que de día para a mesma cantidade de auga.

sensor_choiva.jpg

Máis información: Bosch


Deixa un comentario