Carlo, de gravedad-cero.org, pediume que tecnoloxia.org albergase este mes a XVI edición do Entroido da física, evento blogueiro que ten como finalidade a divulgación da física no que xa participei noutras ocasións, así que xa sabedes, o día 28 de febreiro publicaranse aquí os artigos que me enviedes.
Que hai que facer?
1. Escribir un artigo no teu blogue que teña relación coa física. Pode ser calquera cousa: un post sesudo, algo breve, unha cita, unha imaxe, un vídeo, …
Podes escribir en calquera idioma, pois todos son perfectamente válidos para divulgar ciencia e tecnoloxía.
Este mes o tema é as relacións entre a física e a tecnoloxía. Por exemplo:
- Avances na física que contribuíron a un avance na tecnoloxía.
- Avances na tecnoloxía que contribuíron a avances na investigación en física.
- Traballo conxunto entre física e tecnoloxía cun obxectivo común.
Isto non é obrigatorio, e acéptanse artigos de calquera temática que teña que ver coa física, directa ou indirectamente.
2. Indicar no artigo que dita publicación vai participar na edición deste mes do Entroido da Física, e poñer un link a https://tecnoloxia.org
3. Escribir un correo a maria@tecnoloxia.org indicando a URL do teu post. Debe ser antes do 25 de febreiro.
O luns 28 de febreiro (este mes non pode ser o día 30) publicarase aquí un listado con tódalas contribucións e un breve resumo de cada unha.
Veña, animádevos a participar!
- En castellano: entroido_fisica_cas.pdf
4 comentarios en “XVI edición do Entroido da Física”