Xornadas de Robótica Baiona-Velilla 2011

2011robo1.pngOs vindeiros luns 11 e martes 12 de abril recibimos no IES Primeiro de Marzo a un grupo de rapaces e rapazas do IES Ana María Matute, de Velilla de San Antonio (Madrid), para participar nas III Xornadas de robótica organizadas polo departamento de Tecnoloxía do noso instituto, dentro do proxecto que temos no programa Arce de agrupamentos escolares.

Polas mañás dedicarémonos a deseñar, construír e programar robots que superen unha proba de relevos:

Un robot deberá recoller unha lata dentro dun circuíto e levala a outro punto do mesmo, onde estará agardando un segundo robot, que deberá recoller a lata e desprazala ata a meta.

Tedes aquí o regulamento da competición:

Haberá que esmerarse e facelo ben, xa que as e os mellores serán quen represente a Baiona na edición deste ano de Robocampeones, que se celebrará o 20 de maio en Toledo.

Polas tardes temos programadas excursións para ensinarlle o entorno ao alumnado visitante: O luns andaremos por Baiona e o martes iremos a Vigo e cruzaremos a ría en barco, ata Cangas.

Desexámoslle ao alumnado de Velilla unha boa estancia!

Se queres, podes ver aquí as edicións dos anos anteriores


Deixa un comentario