Aquí tedes uns vídeos que vos poden servir para entender mellor o proceso de obtención do aceiro.
1. O alto forno
No alto forno obtemos arrabio a partir do mineral de ferro, carbón do coque e calcaria. O arrabio, ferro bruto ou ferro-gusa é ferro con alta cantidade de carbono e impurezas.
- O carbón de coque quéimase como combustible para formar monóxido de carbono CO, e eleva a temperatura do forno.
- Os óxidos férricos do mineral reaccionan co monóxido de carbono para formar ferro metálico e dióxido de carbono.Fe2O3 + 3 CO → 3 CO2 + 2 Fe
- Outras impurezas do mineral de ferro reaccionan coa calcaria para formar a escoura.
Neste vídeo explícannos o proceso:
[youtube: Funcionamento do Alto Forno e Obtenção do Ferro Gusa]
2. Forno de afino. Convertedor de osíxeno
O arrabio ten impurezas e unha cantidade de carbono moi elevada polo que debe ser tratado, xunto cunha porcentaxe de ferralla e fundente, nun convertedor de osíxeno de onde obtemos un aceiro líquido cunha porcentaxe de carbono axeitada.
Engádenselle tamén elementos de aliaxes que fan mellorar as súas propiedades.
Neste vídeo podemos ver o proceso:
[youtube: Producción del acero]
3. Forno eléctrico
Unha acería eléctrica produce aceiro a partir de ferralla mediante un forno eléctrico de arco. A materia prima utilizada é ferralla, fundente (cal) e ferroaliaxes.
Neste vídeo podemos ver un forno eléctrico en acción:
[youtube: Horno electrico fundiendo chatarra]
4. Coada
O aceiro líquido obtido do convertedor ou do forno eléctrico solidifícase mediante coada convencional (sobre moldes) ou coada continua (o metal líquido vértese nunha lingoteira de fondo aberto, e vaise desprazando e arrefriando)
Neste vídeo podemos ver o proceso de coada continua:
[youtube: colada continua de palanquillas]
5. Laminación
A laminación consiste en facer pasar o aceiro solidificado entre roletes ou cilindros xiratorios para reducir a súa sección transversal e aumentar a súa lonxitude.
A laminación pódese facer en quente ou en frío.
Neste vídeo pódese ver como é o proceso de laminación:
[youtube: Steelmaking: Rolling]
Podes ver tamén esta interesante animación da “Asociación para la Promoción Técnica del Acero” (APTA):