Rede social Tecnoprofes

Despois de meses probando diferentes servizos gratuítos que non convencían a ninguén, o profesorado de tecnoloxía volve á súa rede orixinal en ning: Tecnoprofes http://tecnoprofes.ning.com.

Isto é posible grazas a Microlog, que se ofreceu a patrocinarnos.

Agardamos que sexa un recurso de utilidade para todo o profesorado de tecnoloxía.

·
Noutra orde de cousas, veredes que o deseño de tecnoloxia.org está a mudar. Aínda está en obras, polo que poderedes botar en falta alguns contidos, que agardo que estean dispoñibles en pouco tempo.

Bo curso!


2 comentarios en “Rede social Tecnoprofes”

  1. Ola María, vexo os cambios e xa estóu botando en falta a electricidade…esperaréi, non deixes de poñela. O teu traballo é moi útil

    Responder
  2. OK, Paz. Ando metida noutras cousas e teño isto algo abandonado, pero en canto poida activarei os contidos de electricidade.

    Teño que revisar os scripts porque algúns non funcionaban ben no google chrome (cando creei os contidos chrome aínda non existía), por iso desactivei os contidos. Non leva moito tempo, pero hai que poñerse.

    O de hardware si que habería que revisalo por completo, pois quedou moi moi desfasado. Os exemplos de conexión estaban para os 486 e intel celeron que tiña no taller cando o fixen, así que todo iso xa quedou prehistórico. Se alguén bota de menos estes contidos terá que agardar máis.

    Desde logo que é un gusto saber que outra xente usa estes recursos, e non só eu :-)

    Responder

Deixa un comentario