Se tes un dispositivo móbil funcionando con android non tes ningunha escusa para falar e escribir ben en galego.
A xente de GalApps pon á nosa disposición tres estupendas aplicacións para levar o galego no peto:
ConxuGalego | DicionarioGalego | TradutorGalego |
Conxuga automaticamente verbos en galego | Busca calquera termo e descobre tódalas posibles acepcións da palabra. | Traduce automaticamente do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa. |
ir a market.android | ir a market.android | ir a market.android |
E se tes pensado agasallar a alguén cun androide, lémbrate de instalar antes estas aplicacións.
Pois a pesar de que este tipo de aplicacións parecenme interesantes, non son as que eu realmente preciso. Para poder usa-lo meu móbil en galego o que me fai falla son diccionarios para o Swype (o teclado que uso normalmente). Se é moito máis sinxelo escribir en castelán que en galego, o normal é que non use o galego no móbil.
Pois a ver se a vindeira aplicación é a que dis
E para iphone?
Bos días,
as GalApps, ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGalego, tamén dispoñibles para iOS (iPhone e iPad) e tamén de balde :). Máis información no noso sitio web.
Un saúdo!
Para swype em galego prova cm coa opção portuguesa ;)
Existe a posibilidade de que o Samsung Galaxy SII funcione en galego?
Pois non che sei :-(
Onte saíu a noticia da nova versión do Swype, probeino, e entre outras cousas podo dicir que:
a) Xa se pode instalar a versión nova en termináis que teñan o Swype preinstalado (co cal se pode instalar en calquera móbil android)
b) Xa está dispoñible o Galego como idioma a escoller.
Así que agora sí, xa podo usa-lo meu móbil en Galego sen ter que recurrir a trucos cutres ou a pelexar co teclado convencional.
Eu xa o probei, e funciona de marabilla. (Quédame por proba-lo recoñecemento de voz, que aínda non o probei en galego)
A dirección, para quen lle interese: http://beta.swype.com/
Pois eu acabo de actualizalo o Swype e non me sae o galego :( grrrr
Moi boa noticia. Grazas por compartila, Iván.
Eu teño android 4.03 e vén en galego
Hola, din que deixe unha resposta, aínda que máis que nada é unha pregunta. Espero que alguén me poda contestar: Estou impaciente por ter o meu móbil en galego. Déronme un LG básico e non ten o idioma galego predeterminado. Se hai algo que se poda facer pasádeme por favor o link para que poda disfrutar do meu móbil en GALEGO. Un saudíño a todos e VIVA GALIZA CEIBE!!!