Abalar Baiona. Material para a formación do profesorado.

Este curso o noso IES incorporouse ao proxecto Abalar da Consellería de Educación. Para proxecto de formación deste curso elaborei un material que podedes atopar na web: https://sites.google.com/site/abalarbaiona/

Todos os contidos están á vosa disposición, se vos interesan, e contan cunha licenza Creative Commons.

O material divídese en 5 módulos:

(Imaxe: The future is Now)

1. Introdución:
Nesta sección pretendemos reflexionar sobre os cambios que están a suceder na educación, sobre o que ensinamos e como o ensinamos, sobre a competencia dixital que ten que adquirir o alumnado e a que debemos ter o profesorado.

2. As aulas Abalar:
Neste apartado preséntanse os elementos das aulas abalar, como se conectan, características e manexo básico, así como as normas e protocolos a seguir no seu uso. Ademais, tentamos comprender como funciona a rede e a trasfega de información por Internet para facer un uso responsable e eficiente da mesma

3. Recursos:
Nesta sección pretendemos aprender a buscar, organizar e crear recursos para utilizalos na práctica docente.

4. Metodoloxía:
Esta sección ten como finalidade afondar nos aspectos metodolóxicos e aproveitar a potencialidade dos recursos informáticos para facer cousas diferentes nas nosas clases. Utilizando a metodoloxía de proxectos e o traballo colaborativo aprendemos a manexar a información en diferentes formatos e a publicala na rede.

5. Multimedia:
Nesta sección traballamos a información en soporte audiovisual.

 

Agardo que vos resulte de utilidade.


17 comentarios en “Abalar Baiona. Material para a formación do profesorado.”

    • Miguel, decir que By-NC-SA es tan o más restrictivo que el copyright es absurdo. No da todas las libertades, pero abre muchas que el copyright cierra.

      Responder
  1. Home, liberdade total, total… O do recoñecemento a verdade é que tanto me ten. O que non me gusta é que se use con fins comerciais. Bastante negocio se está a facer xa na educación!
    Permítese coller o material, transformalo e xerar obras derivadas. Non penso que iso sexa máis restritivo có copyright. Parécecho?

    Responder
  2. Tal e como indican na ligazón que puxen:
    Los principales problemas de las licencias -NC son los siguientes:

    Hacen que su trabajo sea incompatible con un cuerpo cada vez mayor de contenido libre, incluso si desea permitir trabajos derivados o combinaciones.
    Pueden descartar otros usos básicos y benéficos que usted desea permitir.
    Apoyan los términos de copyright actuales, casi ilimitados.
    Es poco probable que aumenten el beneficio potencial de su trabajo, y una licencia compartir-igual cumple igualmente bien el objetivo de proteger su trabajo contra la explotación.

    Muchos bloggers y comunidades de blogs de la web utilizan la publicidad como manera de recuperar costes y de generar ingresos. Bloggers populares, desde Andrew Sullivan a Markos Zúniga (Dailykos), han convertido sus aficiones en profesiones, pero incluso publicaciones más pequeñas a menudo usan anuncios de Google para hacer un poco de dinero extra. Otros sitios utilizan modelos de suscripción a pequeña escala para desbloquear características y contenido adicionales o inhabilitar la publicidad. Pregúntese si realmente quiere impedir a todas estar personas usar su trabajo.

    Non hai que esquecer a potencia da condición -SA- Compartir igual :)

    Responder
  3. Estaba lendo agora os enlaces que envías. A verdade é que dá para reflexionar, pero en principio non me cadra coa defensa de material educativo de balde e aberto.
    Verás que aquí non hai publicidade, nin haberá. E se alguén que ten publicidade e o publica no seu sitio non pasa nada. Non creo que haxa que ser puntillosos.
    Pensareino, de tódolos xeitos.

    Responder
  4. Cada quen é libre de escoller a licenza que lle pareza, mais o que hai é que dicir, como se está a propor na nova redacción das CC “NC Proposal No. 6: Explicitly state that NC licences are non-free, non-libre and non-open licences”
    Pensa nos que fan Debian (por un poñer) que aplicaran esa restrición, pois non existiría o Abalar, ou se existira esa restrición, non o teriamos en galego e a maioría de ferramentas tampouco as poderiades empregar.

    Que sexa libre ou non é unha cuestión de elección.

    Neste caso seguín o consello da “http://freedomdefined.org”:

    …Si usted ve algún trabajo en la red que esté licenciado bajo una licencia -NC, agradezca amablemente a su creador por hacer su trabajo disponible gratuitamente, y pídale que cambie la licencia (siéntase libre de incluir una copia de este texto, o un enlace a la dirección de la red en la que lo encontró). …

    Responder
  5. OK, Miguel. Non me parara nunca a pensar niso. A verdade é que considero o meu traballo o suficiente modesto como para pensar que non pode provocar que outro material deixe de existir por culpa dun NC que puxen eu nun pdf ;-)
    Creo que non se pode comparar co traballo da xente que está a desenvolver Debian.

    O que non vou facer é modificar agora un a un todos os documentos que teñen posto o by-nc-sa.
    Para o próximo que faga xa o pensarei.

    E grazas pola información :-)

    Responder
    • Cando falas de que unha NC pode impedir/obstaculizar a existencia doutro traballo…
      Pego a seguir o que me comentou, hai tempo nunhas conferencias sobre o tema, un profe de Nafarroa que está a xerar contidos libres para educación:

      Tengo hecho casi entero un método de lectura, pero tiene dibujos de un ciento de personas que licenciaron con no-comercial. El trabajo que estoy haciendo se puede redistribuir, pero JAMÁS se podría hacer un libro con él para que llegara a aldeas u otros lugares donde no hay Internet.

      Responder
      • Ola de novo. Interesante debate :-)

        Penso que non todos os contidos se deben tratar igual. Non é o mesmo un método de lectura que un material con recursos para que o profesorado aprenda a manexarse cun ordenador e por Internet. Desde logo que neste caso ten que haber internet e chega con que se distribúa pola rede e de balde.

        Que a xente do ensino poñamos NC nos nosos contidos (xa non entro agora a valorar o axeitado ou non da decisión) ten unha razón de ser, supoño que maioritaria: A ditadura dos libros de texto. Empresas con fins unicamente comerciais son as que establecen o currículo que hai que dar, o idioma das materias (os libros en galego non compensan economicamente, ou iso din) ou a metodoloxía, e cada vez hai máis xente defendendo a existencia de contidos abertos e de balde accesibles a calquera persoa interesada e sen pedirlle nada a cambio.

        Penso que ninguén do ensino que poña un NC nos seus contidos se moleste porque se publiquen nun blogue con publicidade ou que se fotocopien e se distribúan cobrando os gastos das fotocopias ao alumnado, pois non hai detrás un ánimo de lucro. Outra cousa é que os use unha editorial, e xa non é a primeira vez que botan man do que comparte a xente por Internet. Eu non quero que o meu traballo sexa usado por empresas que fan negocio coa educación, e supoño que moitas e moitos pensamos así.

        Que NC non é a forma axeitada de protexerse ante iso? Pode ser. Eliminar o NC é a solución? Dubídoo. Igual faría falta un “SAL” (sen ánimo de lucro) ou algo similar que contemplase isto.

        Responder
      • Estiven a ler con máis profundidade os enlaces que envías e outros que busquei. O que parece é que a cousa non están tan clara, e aínda hai moita discusión arredor do NC.

        Vin que unha das propostas a debate de http://wiki.creativecommons.org/4.0/NonCommercial é: “Proposta NC nº 9: Crear unha nova licenza CC, NC-EDU, que prohiba os usos comerciais, pero permita os usos educativos.”
        Explícase aquí: http://lists.ibiblio.org/pipermail/cc-licenses/2011-December/006437.html

        Non sei se é esa a mellor opción, pero o que si creo é que os materiais con fins educativos deben tratarse dun xeito diferente.

        Agardaremos a que se aclaren estas cousas e se chegue a unha solución satisfactoria. Porque supoño que o debate está aínda no aire, non?

        Responder
  6. ¡Magnífico traballo! A maioría dos cursos abalar que atopei están feitos en blogs (queda o material moi deslabazado) ou en aulas moodle pechadas aos invitados. É un gusto que haxa xente que comparta os recursos. Eu vouno aproveitar

    Responder
    • Grazas Miguel. Xa o cambiei.
      Puxen esa ligazón por se a alguén lle interesaba, pero a verdade é que non lle fixo falta a ninguén ningún manual. Se non se necesita un manual para manexar windows tampouco fai falta para ubuntu, e chegou de sobra estar traballando cos equipos abalar todo o tempo do curso para que a xente lle perdese o medo. Antes do curso eramos dúas persoas no meu centro as que usábamos GNU/Linux, e agora moitas máis :-)

      Responder

Deixa un comentario