Cando vos metedes un chicle na boca, non facedes outra cousa que mascar un plástico ao que se lle engaden unha serie de edulcorantes, aromas e colorantes.
Un dos polímeros plásticos máis utilizados para a elaboración de chicles é o acetato de polivinilo (PVA) que tamén é o compoñente principal da cola branca para a madeira, algunhas pinturas e adhesivos.
Orixinalmente utilizábase como base a savia gomosa natural da árbore Manilkara zapota, pero hoxe en día os polímeros plásticos sintéticos constitúen a base da práctica totalidade dos chicles que se comercializan.
Neste vídeo podes ver o proceso de fabricación da goma de mascar:
[youtube: Cómo lo hacen. Goma de mascar]
Calcúlase que a nivel mundial as persoas mascan unhas 560.000 toneladas de chicle ao ano.
Pensade que se trata dun polímero plástico sintético que non é biodegradable, polo que se o tirades ao chan vai quedar alí para sempre a non ser que se limpe, tarefa que non é nada fácil e que fai gastar aos concellos miles de euros en limpeza.
Non vos parece unha porcallada atopar as rúas cheas de chicles pegañentos?
¿Y si nos tragamos un chicle?¿Cuánto tardamos en digerirlo? Lo de la calle lo sabía, pero nunca me había planteado lo del estómago.
Os xugos gástricos non serán capaces de descompoñer a goma de mascar, pero se eliminará igual que outras cousas indixeribles, como a fibra.
O de que o chicle se pega ás paredes do estómago ou que tarda anos en dixerirse non son máis ca contos coa fin de asustar aos cativos para que non o traguen. De tódolos xeitos non creo que sexa moi bo tragarse moitos chicles.