Para o profesorado de Tecnoloxía:
Xa están en marcha as XIV Xornadas de Tecnoloxía de Galicia organizadas por APETEGA, que terán lugar os días 5 e 6 de xuño no IES de Brión (Brión – A Coruña)
Inclúe visitas didácticas a Finsa e ao Complexo medioambiental do Barbanza, conferencias, comunicacións e obradoiros prácticos.
O prazo de inscrición xa está aberto, e finaliza o vindeiro 1 de xuño.
Máis información:
Actualización 10/06/2015
Aquí podedes descargar as prácticas utilizadas no obradoiro de introdución a arduino que dei o sábado pola mañá:
- Apuntamentos: Arduino_Xornadas_Apetega.pdf
- Prácticas: Arduino_XIV_Xornadas_Apetega.zip
Agardo ter dispoñible proximamente unha sección de control e robótica na sección de contidos, na que incluirei máis prácticas e propostas de proxectos con arduino e Lego.