Visualino: Programación gráfica para arduino.

visualino0Hoxe estiven facendo algunhas probas con visualino, unha contorna de programación gráfica para arduino baseada en  Google Blockly e nos bitbloqs de Bq. É software libre e multiplataforma, e require ter instalada a versión 1.6 do IDE de Arduíno.

As contornas de programación gráficas son moi axeitadas para aqueles niveis nos que programar directamente co IDE de Arduíno pode resultar moi áspero. logoS4AUnha moi utilizada é S4A, baseada en Scratch e moi recomendable para iniciarse, pero ten o inconveniente de que a placa debe estar conectada permanentemente ao ordenador para que o programa funcione, polo que non é a opción máis axeitada se o que se desexa é programar un robot móbil. Ademais, a comunicación permanente co ordenador produce algúns problemas de sincronización das instrucións.

Visualino, pola contra, enlaza de maneira automática co IDE Arduíno para a compilación e descarga do programa na tarxeta, polo que os proxectos se poden executar coa placa desconectada do ordenador. Claro que con este software non podemos facer que un gato corra polo escenario do monitor facendo piruetas ao mesmo tempo que acendemos uns LEDs co Arduíno, e si con S4A.

Haberá que facer máis probas, pero en principio paréceme un software interesante para utilizar. Aquí tedes unha presentación guía do mesmo:

[Guía de Visualino from Víctor R. Ruiz]


1 comentario en “Visualino: Programación gráfica para arduino.”

Deixa un comentario