A impresión 3D entra no mundo da fabricación de obxectos de vidro mediante o método 3DGP do MIT Media Lab.
A impresora consta dunha cámara de calor que almacena e proporciona o material fundido a máis de 1000ºC e dunha cámara inferior que se encarga de ir arrefriando a estrutura de maneira controlada. Posúe un dosificador especial composto por circonio, alúmina e sílice capaz de soportar ditas temperaturas e evitar que o vidro fundido se adhira.
Este novo proceso de fabricación permite axustar a xeometría creando estruturas que non serían posibles con métodos tradicionais, e permite ademais controlar as propiedades ópticas do vidro, abrindo un feixe de posibilidades.
Mirade este vídeo:
[GLASS from Mediated Matter Group on Vimeo.]