O profesorado de tecnoloxía temos a nosa cita anual nas XV Xornadas de Tecnoloxía de Galicia que organiza APETEGA. Esta edición terá lugar no IES Indalecio Pérez Tizón de Tui os días 27 e 28 de maio.
O programa de obradoiros das xornadas é do máis completo: Arduíno, deseño e impresión 3D, música electrónica, robótica, “cacharreo”, Scratch, App Inventor, Cinemagraph, deseño web, html5, pneumática, etc.
Tamén haberá visitas o venres pola mañá, asemblea da asociación e distendidos espazos de xantar-debate nos que arranxaremos a educación deste país.
A inscrición debe realizarse a través deste formulario antes do 23 de maio. É de balde para socios/as de APETEGA e 60€ para o resto.
Animádevos a participar!
Máis información en APETEGA