Mecanismos de metamateriais

metamaterial-picOs metamateriais, en xeral, son estruturas artificiais que se caracterizan por ter unhas propiedades macroscópicas diferentes ás dos seus materiais constituíntes básicos, pois ditas propiedades dependen máis da súa estrutura interna que da súa composición. Constrúense mediante patróns repetitivos que permiten modificar as propiedades mecánicas, ópticas ou electromagnéticas do material.

impresion_3d_rellenoSe ben o campo de investigación máis importante deste tipo de materiais está da man da nanotecnoloxía, un exemplo macroscópico sinxelo témolo na estrutura interna dun obxecto impreso en 3D. Segundo a estrutura que elixamos podemos modificar as propiedades mecánicas do obxecto: resistencia á compresión, elasticidade, etc.

Un grupo de investigación alemán quixo ir máis alá do concepto de material creando obxectos cuxa propia estrutura permite realizar funcións mecánicas controladas. Estes mecanismos de metamateriais consisten nun único bloque de material cunha estrutura interna que se deseña co fin de lograr un determinado movemento macroscópico.

csm_web_pliers-01_040f80f413

A clave está na combinación dunha serie de células ríxidas e outras capaces de deformarse de forma controlada cando se aplica unha forza.

csm_fig_shear_cell-05-05_adc2014fe6

Neste vídeo podes ver como funcionan:

[youtube: Metamaterial Mechanisms (UIST’16)]

 

Tendes máis información na web de Hasso Plattner Institute.


Deixa un comentario