Un dos proxectos de Tecnoloxía Industrial I deste curso 2017-2018 é o seguinte brazo robot que é quen de clasificar automaticamente pezas de cores e de levar un reconto das mesmas, amosando os resultados en pantalla.
[BrazoRobot from María L on Vimeo.]
É traballo de Samuel e de Javier, que se encargaron da programación e do cableado.
O brazo robot é Pedro Robot.
As pezas para o sensor de cor son unha adaptación dos deseños de Noa.
Ficheiros STL: SensorCor2-cilindro.stl – SensorCor3-sensor.stl
O soporte para a pantalla LCD é un deseño do alumnado do curso pasado. STL en thingiverse
O curso que vén haberá que montar unha cadea de robots traballando de maneira coordinada. Vai?
Bos días, podería deixarnos o código do pedro robot feito por Samuel e Javier?
Necesitaríamolo para noso proxecto de robotica de 1ºBac.
Samuel e Javier tiveron que programar o robot desde cero, así que vós tamén podedes. Veña, intentádeo. Se tendes algunha dúbida concreta preguntade, pero intentade programalo vós, que é fácil. Aquí tendes algunhas orientación de por onde empezar: https://tecnoloxia.org/robotica/brazo-robot/
Hola, disculpe, que sensor utilizaron para la detección de colores?
Usaron este: https://tecnoloxia.org/robotica/mais-sensores/sensor-de-cor/