Xa van 3 anos desde que naceu tecnoloxia.org, así que ímolo celebrar con este pastel, que quero compartir especialmente cos meus alumnos e alumnas (que loxicamente en vacacións xa non pasarán por aquí pois hai cousas máis interesantes que facer) e cos lectores e lectoras habituais.
Este curso houbo moitos altibaixos nas estatísticas de visitas. En certo modo é normal pois as subidas e baixadas seguen os períodos lectivos e vacacionais do curso, pero tamén inflúe que este ano non fun nada constante no ritmo de publicacións. O que si foi constante é o aumento das subscricións ao feed.
O post máis visitado deste curso 2009-2010 foi “O timo dos purificadores de auga” que foi portada en chuza, en menéame e en bitácoras. Alégrome de que estes feitos se difundisen tan ben, pois a intención foi poñer o meu gran de area para evitar que máis xente sexa vítima deste fraude.
Tamén é moi satisfactorio ter acadado o IV premio Espiral Edublogs, ou ter quedado entre os 10 primeiros blogues educativos e entre os 100 primeiros bloques tecnolóxicos nos premios bitácoras.
E non sei a que ritmo, pero seguirei publicando. A verdade é que teño máis material gardado que o que son capaz de publicar, especialmente proxectos e traballos do alumnado que gardo no disco duro ou andan en páxinas dispersas que publican eles e elas. A ver se co tempo voulles dando saída aquí, aínda que prefiro non prometer nada.
Veña, moitas grazas por vir por aquí.
Seguiremos na rede!
7 Comments
Leave a reply →