tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

A escola do futuro

A imaxe que ves foi realizada en 1899 polo debuxante francés Jean-Marc Cotê, e nela imaxinábase a escola no ano 2000. Os libros introdúcense nunha máquina trituradora, e a información contida neles convértese en impulsos eléctricos que se transmiten por medio de cables ata os auriculares que cada alumno ten postos.

imaxinando a escola no ano 2000

Esta imaxe dende logo que está moi afastada da realidade actual nas aulas, pero só no referente á tecnoloxía utilizada. Desgraciadamente hoxe en día, e en case tódalas materias, séguese a ver un proceso ensinanza-aprendizaxe moi similar ó de esta imaxe: o alumnado actúa unicamente como receptor pasivo de información, e o profesor, sentado, dicta os contidos que os alumnos e alumnas deben almacenar no seu cerebro.

Hoxe podemos ter ordenadores, encerados dixitais, canóns proxectores, PDAs, e infinidade de ferramentas e aplicacións para traballar en rede, pero se non hai un cambio de metodoloxía, a escola segue sendo a mesma que na época do debuxante, cambiando a trituradora por un ordenador e un canón proxector.

Prefiro esta imaxe dunha aula de tecnoloxía nun instituto, na que o alumnado participa de forma activa no proceso de aprendizaxe construíndo, analizando, investigando, planificando, buscando información, …

aula de tecnoloxía

O que me parece triste é saber que nalgunhas aulas de tecnoloxía non se ve isto, senón ó alumnado sentado diante dun libro de texto cos seus pupitres colocados en filas individuais.

As razóns para non facer traballos prácticos poden ser moi variadas, pero aínda que todo estea en contra, os esforzos do profesorado deben ir na dirección de adoptar unha metodoloxía práctica e activa, e a Administración debe poñer as condicións necesarias para que iso sexa posíbel:

  • Reducir a ratio ou establecer desdobres. Resulta case imposíbel utilizar unha metodoloxía práctica e activa con grupos de 30 alumnos e alumnas.
  • Actualizar as dotacións das aulas de tecnoloxía, pois co material que proporciona a Consellería o que podemos explicar é historia da tecnoloxía, ata o século XIX. Pouco máis. Por que en Galicia non hai unha dotación para os contidos de control e robótica? Por que hai aulas de tecnoloxía sen ordenadores?
  • Realizar unha oferta de cursos de formación do profesorado ampla, con contidos útiles, prácticos, variados e aplicables na aula. A formación do profesorado en Galicia é lamentable, e no caso da especialidade de tecnoloxía, practicamente inexistente. Menos mal que temos as Xornadas de Tecnoloxía de APETEGA para poder actualizarnos.
  • Apoiar a área de tecnoloxía. Cada vez que hai un cambio lexislativo, e xa van varios seguidos, hai unha redución horaria, un desprezo explícito ó ensino da tecnoloxía, o cal provoca unha tremenda desmotivación do profesorado.

A situación non axuda, pero non toda a responsabilidade é da administración. O profesorado debemos deixar de soñar con que o alumnado teña un conector USB polo que transmitirlle a información, e debemos poñernos a investigar en metodoloxías máis eficaces e adaptadas á realidade actual. Propoño empezar metendo os libros de texto nunha máquina trituradora, deixando unicamente uns poucos como material de consulta.


7 Comments

  1. la ratio es fundamental. yo no llevo a los alumnos de 2º y 3º al aula de informática porque no caben. lo intenté a principio de curso pero tenía que poner 3 alumnos por ordenador y así no se puede trabajar. en el taller lo mismo. ¿como voy a poner a 28 alumnos de º de ESO a trabajar con herramientas? en 4º tengo 18 alumnos y es cuando aprovecho para hacer proyectos y trabajar con ordenadores, pero en el resto de grupos es imposible. Ya se que en el currículo aparece que tenemos que dar contenidos de informatica y hacer proyectos, pero que venga a mi centro quien escribio el curriculo y lo intente el.

  2. Eu creo que hai máis impedimentos. Non se valora este tipo de metodoloxía, senón mira a LOE, redúcese o horario precisamente das asignaturas máis prácticas (tecnoloxía, plástica e música). Esta falta de valoración é un dos problemas. Recibimos un tipo de educación, e á hora de ensinar reproducimos o mesmo método que usaron connosco porque cremos que é o mellor. Logo queixámonos da falta de resultados positivos, pero seguimos empeñados en dar clases maxistrais, pois valóranse máis.

    Tamén hai que dicir que en tecnoloxía somos moitos os que si facemos prácticas e proxectos. O resto de profesores que fagan o que queiran, alá eles.

  3. jj / 20/03/08, 1:32:
    la ratio es fundamental. yo no llevo a los alumnos de 2º y 3º al aula de informática porque no caben. lo intenté a principio de curso pero tenía que poner 3 alumnos por ordenador y así no se puede trabajar. en el taller lo mismo.

    É verdade o da ratio. No se entende como se segue mantendo unha ratio de 30 alumnos/as sabendo os problemas que hai en secundaria, e enténdese menos que na lexislación non se contemplen os desdobres en tecnoloxía. Insiste no teu centro na necesidade de desdobrar os grupos.

    Tes portátiles no teu centro? Se tes a tres alumnos por ordenador podes utilizar os portátiles para que como máximo haxa 2 alumnos por equipo. Eu estouno a facer nun grupo de 4º.
    En canto ó taller, se non podes facer proxectos nesas condicións podes recorrer a prácticas máis dirixidas. Non é o mesmo, pero algo é algo.

  4. Mónica / 22/03/08, 0:16:
    Eu creo que hai máis impedimentos. Non se valora este tipo de metodoloxía

    Mónica, está claro que en xeral non se valora a nosa materia nin a súa metodoloxía, pero o importante é o que valoremos nós, e non o que valoren no entorno. Eu creo que é descoñecemento, e o que temos que facer é traballar sen complexos e dar a coñecer o que facemos.

    Tamén hai que dicir que en tecnoloxía somos moitos os que si facemos prácticas e proxectos. O resto de profesores que fagan o que queiran, alá eles.

    Un dos motivos polos que escribín esta entrada foi un comentario que me fixo a titora de 3º de PDC cando foi ó taller a ver os proxectos que fixo o seu grupo. Díxome que o seu fillo estuda 2º de ESO e nin o ano pasado nin este fixo ningún traballo práctico, deu todo teoría. A min paréceme moi triste, pois o máis interesante desta materia é precisamente a práctica e os proxectos. Para min se non se fan estase a estragar a área.

  5. O rapaz da manivela esta castigado sen aprender. non lle puxeron os cascos.

    que si, ,que hai que facer traballos practicos, pero a cousa esta moitisimo peor noutras materias pois seguese a ver o metodo tradicional yo dicto tu copias y te lo aprendes. en tecnoloxia faranse mais ou menos proxectos pero polo menos no curriculo queda claro que metodoloxia hai que seguir. nas outras materias como moito aparece un “utilizacion de las TIC” para buscar por internet ou pouco mais e nin caso que se lle fai. pasaran moitos anos para que se note un cambio no ensino en xeral

  6. Estou de acordo con vos. No caso da ratio síntome afortunada pois no meu centro realizanse os desdobres, tanto no taller coma na aula de informática, e a verdade traballase mellor.
    Inconvinte: que vexo os alumnos de 3º cada 15 días.
    En absoluto acordo no que se refire a formación do profesorado e a actualización, sobre todo o presuposto, nos temos 400 € de presuposto, que non chegan a nada, pois está en función da carga horaria.

  7. Muchas gracias María, por tu artículo, por tu comentario y por la referencia.
    ¡un abrazo!

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.