tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Abalar Baiona. Material para a formación do profesorado.

Este curso o noso IES incorporouse ao proxecto Abalar da Consellería de Educación. Para proxecto de formación deste curso elaborei un material que podedes atopar na web: https://sites.google.com/site/abalarbaiona/

Todos os contidos están á vosa disposición, se vos interesan, e contan cunha licenza Creative Commons.

O material divídese en 5 módulos:

(Imaxe: The future is Now)

1. Introdución:
Nesta sección pretendemos reflexionar sobre os cambios que están a suceder na educación, sobre o que ensinamos e como o ensinamos, sobre a competencia dixital que ten que adquirir o alumnado e a que debemos ter o profesorado.

2. As aulas Abalar:
Neste apartado preséntanse os elementos das aulas abalar, como se conectan, características e manexo básico, así como as normas e protocolos a seguir no seu uso. Ademais, tentamos comprender como funciona a rede e a trasfega de información por Internet para facer un uso responsable e eficiente da mesma

3. Recursos:
Nesta sección pretendemos aprender a buscar, organizar e crear recursos para utilizalos na práctica docente.

4. Metodoloxía:
Esta sección ten como finalidade afondar nos aspectos metodolóxicos e aproveitar a potencialidade dos recursos informáticos para facer cousas diferentes nas nosas clases. Utilizando a metodoloxía de proxectos e o traballo colaborativo aprendemos a manexar a información en diferentes formatos e a publicala na rede.

5. Multimedia:
Nesta sección traballamos a información en soporte audiovisual.

 

Agardo que vos resulte de utilidade.


17 Comments

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.