App Inventor
Hai moitos xeitos de desenvolver aplicacións para dispositivos móbiles, pero unha das contornas de programación máis sinxelas para realizar os teus proxectos para dispositivos Android é App Inventor. Só necesitas un navegador web e un teléfono ou tableta Android (Se non tes, podes utilizar un emulador).
App Inventor parte dunha idea conxunta do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e do equipo de Google Education. É unha contorna de programación baseada en bloques, moi sinxela de utilizar, ideal para iniciarse no mundo da programación de aplicacións que se executarán nos dispositivos móbiles co sistema operativo Android.
Nesta sección explicamos paso a paso como facer as túas primeiras aplicacións cunha serie de exemplos variados.
Xustificación
Porqué todo o mundo debería saber a programar?
https://www.youtube.com/watch?v=X5Wkp1gsNik
[Todo o mundo debería saber programar. Licenza de Youtube CC BY]