Descrición
Xa coñeces un pouco como funciona App Inventor. Agora imos crear unha App que gravé a túa voz, e logo a reproducirá como unha mensaxe de voz.
Programamos
Necesitas descargar a imaxe do Loro da túa aplicación:
Loro.png (Imaxe de Pixabay.com – CC0 Dominio Público)
No Diseñador, necesitas os seguintes elementos:
No bloque da Paleta > Interfaz de usuario:
- Unha imaxe, que será a do noso loro: Imagen1
- Unha etiqueta, co texto “Escóitame“: Etiqueta1
- Un botón, co texto “Pulsa aquí“, para gravar a túa mensaxe: Botón1
No bloque de Paleta > Medios, os compoñentes invisibles:
- Recoñecemento de voz, para converter unha voz a texto: ReconocimientoDeVoz1
- Texto a voz, para reproducir unha mensaxe: TextoAVoz1
O deseño que nos aparecerá no móbil será o seguinte:
Na pantalla de Bloques, o noso programa será o seguinte:
Reto:
Serías capaz de engadir un botón para que saques unha foto que substitúa ao Loro e así lle podas poñer ti unha mensaxe ao pé?
Lembra que isto xa o fixeches na práctica anterior.