Crear unha conta en Google
Abre o navegador e crea a túa conta en accounts.google.com. Sigue as instrucións da páxina de Google para crear unha nova conta.
OLLO, para utilizar App Inventor non serve calquera navegador. Funciona con Google Chrome, Safari ou Firefox, pero Internet Explorer aínda non é compatible con esta aplicación.
Imos a App Inventor!
Facemos clic sobre o botón Create Apps!. Se non temos aberta unha sesión en Google o navegador pedirá que o fagamos agora.
Como probar as Apps que imos creando en App Inventor
Ao acceder coa conta de Google temos que aceptar os termos do servizo de App Inventor.
Para poder probar como funciona o que imos facendo en App Inventor necesitamos transferilo a un móbil ou usar o Emulador. Na web de App Inventor temos información sobre como conectar o noso terminal Android e sobre como instalar o emulador que simula un teléfono Android no noso ordenador.
Temos tres opcións para configurar as probas en vivo, mentres se constrúen as aplicacións:

Opción 1: wifi
Usando un dispositivo Android e unha conexión sen fíos a internet. Terás que instalar a aplicación App Inventor Companion App no dispositivo.
Instrucións: Construir aplicacións cun dispositivo Android e conexión WiFi

Opción 2: Emulador
Se non tes un dispositivo Android terás que instalar o software no ordenador para que poidas utilizar o Emulador de Android.
Instrucións: Instalar e executar o Emulador en AI2 (AppInventor2)
Opción 3: USB
Instrucións: Conexión a un teléfono o tablet cun cable USB
Configurar o idioma
App Inventor mostra inicialmente a contorna en inglés, pero podemos utilizalo tamén en castelán. A elección do idioma faise pulsando sobre o menú “English” situado na esquina superior dereita da páxina de App Inventor.
Xa temos a nosa contorna preparada para programar!
Se tes dúbidas, a continuación tes unha breve presentación sobre os primeiros pasos en App Inventor: