tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

ArtFutura 2009: 20 anos, da realidade virtual ás redes sociais

Hoxe comeza ArtFutura 2009, co título “20 anos, da realidade virtual ás redes sociais”.

No Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco), os xoves, venres e sábados ata o 28 de novembro, poderemos asistir ao programa audiovisual deste certame, que explora os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no panorama internacional do deseño, os videoxogos e a animación dixital.

Nesta edición de 2009 o programa audiovisual explora os novos tipos de creatividade relacionados coas redes sociais como Facebook e YouTube.

Bo proveito:

[youtube: Western Spaghetti by PES]

Ao longo destes 20 anos ArtFutura, festival de Cultura e Creatividade Digital,  tratou de mostrar que a comezos do novo milenio, arte e tecnoloxía discorren máis que nunca por camiños paralelos.

Xa non é posible entender a arte desligada dos novos media, internet e a tecnoloxía dixital.


[youtube: ArtFutura 2009 – 20 Editions]

Máis información:


Deixa unha resposta

Required fields are marked *.