As letras e números dos lapis

Chega a hora de encher o estoxo para que non falte de nada nas clases. Hoxe en día non debes esquecer o PenDrive, pero como necesitamos facer bosquexos a man non pode faltar o clásico lapis, mais… que lapis mercar?

Se te fixas os lapis teñen unha letra e un número que os caracterizan.
lapiz.jpg

Os lapis son barriñas de grafito mesturado con arxila en diferentes proporcións, cunha cuberta de madeira. Dependendo da proporción da mestura o trazo é diferente.

lapis_gama.jpg

H significa duro (hard), e canto maior sexa o número que ten ó lado máis dura será a mina. Non emborrona, pero pode raiar o papel se apretas moito. Utilízase para deliñación.

B significa brando, ou máis ben vén de negro (black), e canto maior sexa o número que o acompaña máis brando é. Úsase en debuxo artístico.

Para bosquexos e esbozos o mellor é utilizar un lapis intermedio, B ou HB.

lapis_fabricacion.jpg

Como se fabrican os lapis?

A partir dun bloque de madeira normalmente de cedro obtéñense finas táboas nas que se gravan uns surcos.

Neses suscos colócanse as minas de grafito, e logo cólase outra táboa enriba.

Unha máquina encárgase de separar os distintos lapis da táboa.

Por útimo o que se fai é pintar, vernizar e afiar os lapis.

Aquí temos un documental no que se explica o proceso de fabricación:


[youtube: El Lápiz]

E aquí outro máis sinxelo:
[tudiscovery: Lápices]


5 comentarios en “As letras e números dos lapis”

  1. Hola María, eu co teu permiso poñerei un enlace dentro da Aula Virtual do Instituto a esta páxina, para que os rapaces de 2º poidan acceder fácilmente a ela.
    Grazas polas túas contribucions

    Responder

Deixa un comentario