Atopa o interruptor

lámpadaAí vai unha proba de enxeño:

Estamos nunha casa de dous pisos. No piso inferior hai tres interruptores e no piso superior hai unha única lámpada de incandescencia.

Debemos descubrir cal dos tres interruptores é o que acende a lámpada tendo en conta que só podemos subir unha única vez ó piso de arriba para comprobar se a lámpada está acesa.

interruptores

Nota: Non podemos saír da casa, non vemos reflexos, non hai unha segunda persoa que nos axude, etc. Só se subimos podemos comprobar se a lámpada está acesa ou non.


10 comentarios en “Atopa o interruptor”

  1. poñemos un detector de luz cunha ldr no piso de arriba e no piso de abaixo temos un zumbador conectado ó circuito e así cando lle damos o interruptor correcto soa

    Responder
  2. richi / 15/02/08, 9:38:

    poñemos un detector de luz cunha ldr no piso de arriba e no piso de abaixo temos un zumbador conectado ó circuito e así cando lle damos o interruptor correcto soa

    Podería valer, pero esquecinme de dicir no enunciado do problema que non se pode utilizar ningún trebello. Só hai que usar a cabeza.

    Responder
  3. Accionamos un interruptor (por exemplo o da esquerda) e logo de agardar uns minutos, apagamos. Accionamos o interruptor do medio e imos mirar a lámpada.
    Se está acesa, problema resolto pois o interruptor buscado sería o do medio.
    Se está apagada, tocarémola:
    Se está quente, o interruptor buscado será o da esquerda.
    Se está fría, o interruptor buscado sería o único que non accionamos, o da dereita.
    :-)

    Responder
  4. OK tecno, proba superada

    A clave, como dicía Antonio, estaba na lámpada de incandescencia, que ten moi baixo rendemento: arredor dun 90% da enerxía eléctrica consumida transfórmase en enerxía calorífica.

    A vindeira proba intentarei que sexa máis complicada ;-)

    Responder
  5. Bueno, polo menos bastantes visitantes déronlle voltas ó coco e iso está fenomenal. Eu souben a resposta en menos dun minuto. Non a puxen para que seguise no mesmo vento que ma trouxo. Na próxima tentarei non facer mal uso da tecnoloxía. Saúdos.

    Responder

Deixa una resposta a María L Cancelar a resposta