Mañá non hai clase: Aviso sobre exames

cabo-silleiro.jpgA Consellería de Educación suspendeu as clases de mañá mércores 16 pola chegada dun temporal, así que haberá que facer algúns cambios:

  • 2º de Bacharelato: cambiamos o exame de pneumática ao xoves 17
  • 1º de bacharelato: o control de recuperación será o xoves 17
  • 4º PDC: Aos que vos falta facer a proba práctica de electrónica farédela o venres. Non vos contará para a nota desta avaliación, pero si para a 2ª avaliación.
  • 4º A e B: os traballos co ordenador que aínda están por completar non contarán para a nota desta avaliación, pero si para a seguinte.

Deixa un comentario