tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Brazo robot

Un dos proxectos de Tecnoloxía Industrial I deste curso 2017-2018 é o seguinte brazo robot que é quen de clasificar automaticamente pezas de cores e de levar un reconto das mesmas, amosando os resultados en pantalla.

[BrazoRobot from María L on Vimeo.]

É traballo de Samuel e de Javier, que se encargaron da programación e do cableado.

O brazo robot é Pedro Robot.

As pezas para o sensor de cor son unha adaptación dos deseños de Noa.
Ficheiros STL: SensorCor2-cilindro.stlSensorCor3-sensor.stl

O soporte para a pantalla LCD é un deseño do alumnado do curso pasado. STL en thingiverse

 

O curso que vén haberá que montar unha cadea de robots traballando de maneira coordinada. Vai?


2 Comments

  1. Bos días, podería deixarnos o código do pedro robot feito por Samuel e Javier?
    Necesitaríamolo para noso proxecto de robotica de 1ºBac.

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.