Cando as mochilas nos persigan

Comezou o curso en Educación Secundaria, e a primeira imaxe que se ve é a dunha morea de rapaces e rapazas con pesadas mochilas ao lombo. Pode ser que isto deixe de verse dentro duns anos, xa sexa porque unicamente fará falta levar a clase unha tableta electrónica ou porque evolucionen as mochilas na dirección que marca este invento de Rodrigo García: Hop, a maleta que anda soa.

Trátase dunha maleta capaz de seguir a unha persoa 80 cm por detrás. Oriéntase grazas a unha serie de receptores capaces de recibir os sinais que lle chegan desde o móbil do usuario ou usuaria. Unha tarxeta arduino interpreta estes sinais obtendo a posición do teléfono respecto á maleta, e envía ordes precisas a un sistema de tracción de eiruga que lle permite salvar obstáculos e subir escaleiras.

[hop! the following suitcase from rodrigo garcía on Vimeo.]

Aínda falta moito para perfeccionar este sistema e non sei se nun futuro terá saída comercial. Eu desde logo que no caso dos centros de ensino aposto pola utilización de dispositivos electrónicos e abandonar o papel, polo menos no que se refire ao material de consulta, titoriais e lecturas, pero neste sentido creo que aínda queda moito por andar, pois cómpre un cambio de mentalidade nas e nos docentes con respecto ás tecnoloxías móbiles e persoais.


2 comentarios en “Cando as mochilas nos persigan”

  1. Gústame a idea, pero definitivamente non para levar o material de clase, que debería pesar cada vez menos grazas a utilización de tabletas ou lectores electrónicos.
    Tampouco me fiaría moito de levar unha destas no avión, sabendo cómo as tratan… golpes, roubos, etc.
    Donde vexo eu un bo mercado e nos carriños da compra. Moita xente compra en grandes superficies para non ter que leva-la compra a casa, xa que lla levan logo os repartidores. Un trebello de estos podería seguirte polo mercado e leva-la compra ata casa sen que teñas que cargar con ela.
    Ademáis, os deseños de carros para a compra parécenme bastante máis estables que o do video, que parece que vai volcar en calquera momento.

    Responder
  2. Das veces que pedín na clase que pensasen nun invento que tería éxito e que cambiaría as súas vidas, máis dunha vez saíu a idea da mochila teledirixida. Non coma esta, senón manexada igual cós coches teledirixidos cos que acostuman a xogar.
    Eu tamén penso que a solución é alixeirar o peso substituíndo os libros por formatos electrónicos, pero dubido que este invento vaia ter éxito, e nin sequera me convence o dos carros da compra. Véxoo moi útil, por exemplo, no caso de persoas minusválidas. Xa se verá se o teremos ou non nun futuro.

    Responder

Deixa una resposta a María L Cancelar a resposta