III Premio Espiral Edublogs09

edublogs09Xa esa en marcha a terceira edición do Premio Espiral Edublogs09, así que se tedes un blogue educativo podedes presentarvos para dalo a coñecer entre a comunidade educativa, e quen sabe, tal vez gañar un premio.

Con estes premios preténdese valorar a importancia e repercusión dos blogues na educación, recoñecer o traballo do profesorado, servir de escaparate motivador dunha corrente educativa dentro da blogosfera e favorecer canles de opinión e debate.

As categorías son:

  • Blogues individuais de profesores e profesoras.
  • Blogues colectivos de profesores e profesoras.
  • Blogues de Centros educativos.
  • Blogues de Aula.
  • Blogues de Asesoramiento, formación e asociacións educativas.

Non se admiten a concurso blogues individuais de alumnos ou alumnas, senón que esta convocatoria só é para o profesorado.

Indican que as valoracións realizadas aos diferentes blogues serán tidos en conta polo xurado, así que se queredes podedes deixar un comentario na información do meu blogue.

Animádevos a presentar os vosos traballos!


II Concurso de Técnica Libre: Ciencia e Tecnoloxía.

cartel.jpgCon este concurso organizado pola Universidade Politécnica de Cartagena preténdese mostrar desde unha perspectiva lúdica, dinámica e científica a actualidade da ciencia e da tecnoloxía.

Facendo uso dunha técnica libre de fotografía, montaxe fotográfica, ilustración, ou banda deseñada o obxecto do concurso será deseñar un modelo didáctico para responder a interrogantes, tales como: Por que?, Para que?, Como se fai?, Como funciona?, Que fai?, … plasmando a imaxe dun instrumento, un invento orixinal, unha máquina, un proceso físico ou químico, unha reacción, un modelo matemático, unha formulación, un proceso biolóxico, ou un concepto científico ou técnico e aportando a esa imaxe un texto dinámico, comprensible e lúdico.

Establécense dúas categorías, unha categoría A para estudantes ata 18 anos cumpridos e outra categoría B para poboación en xeral a partir de 19 anos de idade, ambas con posibilidade de obter interesantes premios.

O prazo de presentación remata o 6 de Marzo de 2009

Podes consultar aquí:


Concurso de cartaces de apetega

apetegaA Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) convoca o concurso para o deseño do cartel anunciador das IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato dos centros educativos de Galicia.

As xornadas este ano serán os días 24 e 25 de abril no IES Otero Pedrayo de Ourense, e o premio será material electrónico/informático valorado en 150€.
Pódense consultar aquí as bases do concurso.

É unha oportinidade para practicar con programas de deseño gráfico e esmerarse para conseguir o premio.

O noso compañeiro Antonio, do IES Mendiño de Redondela ten publicados no seu blogue algúns videotitoriais de GIMP. (web da aplicación)
Pódense consultar nesta ligazón.

E o noso compañeiro Tucho ofrécenos tamén no seu blogue uns titoriais de InkScape. (web da aplicación). Pódense consultar nesta ligazón

Debedes utilizar imaxes libres ou con licenza creative commons para o deseño do cartaz. Hai un tempo publiquei un post no que ofrecía enderezos de bancos de imaxes que vos poden ser útiles para realizar este traballo.

Sorte no concurso!


Premios a Recursos Educativos 2008

Infórmannos dende RedeTIC que xa está publicada a resolución dos Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información 2008.

Entre os traballos gañadores atopamos varios especialmente útiles para o ensino da tecnoloxía na educación secundaria.

teresamancebo.pngNa modalidade de Materiais curriculares web, o segundo premio lévao o Curso de iniciación ás tecnoloxías da Información, de Marco Antonio Grande, que consiste nun curso catalogado e estruturado en Moodle, con recursos e exercicios sobre a web social, edición de audio, video, deseño, redes, etc., e un dos terceiros premios é para a nosa compañeira Teresa Mancebo, polo seu blogue “O blog de tecnoloxía” (http://tecnoloxia.blogspot.com), con experiencias, recursos e información para o alumnado de tecnoloxía.

Na modalidade de Galerías de imaxes e vídeos didácticos, o terceiro premio vai para Gumersindo Monteagudo, que presentou “Obradoiro de tecnoloxía“, unha galeria multimedia sobre os diferentes aparellos e recursos utilizados na aula de tecnoloxía, videos explicativos de uso e propostas didácticas.

Agora falta que publiquen en liña estes materiais para podelos consultar e utilizar.

Parabéns aos gañadores e gañadoras!


Semana da Ciencia… e da tecnoloxía

SCG08.gifколи под наемComeza a Semana da Ciencia de Galicia 2008. Trátase dun evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade.

Este ano desenvolverase do 10 ao 23 de novembro e terá como principal obxectivo  amosar, dun xeito ameno e accesible, como a ciencia e a tecnoloxía están presentes nas nosas vidas cotiás, desde os elementos máis simples aos máis sofisticados.

Para elo, durante os días da celebración do evento, numerosas entidades tales como universidades, centros tecnolóxicos e empresas, abrirán as súas portas e organizarán todo tipo de actividades de divulgación para o público, mostrando todo o relacionado coa ciencia e a tecnoloxía, dende os elementos máis simples aos máis sofisticados.

Tes máis información sobre as actividades da SCG’08 na súa web.

Hai anos este evento chamábase “Semana da ciencia e da tecnoloxía”. Por que eliminarían a tecnoloxía do título?