As letras e números dos lapis

Chega a hora de encher o estoxo para que non falte de nada nas clases. Hoxe en día non debes esquecer o PenDrive, pero como necesitamos facer bosquexos a man non pode faltar o clásico lapis, mais… que lapis mercar?

Se te fixas os lapis teñen unha letra e un número que os caracterizan.
lapiz.jpg

Os lapis son barriñas de grafito mesturado con arxila en diferentes proporcións, cunha cuberta de madeira. Dependendo da proporción da mestura o trazo é diferente.

lapis_gama.jpg

H significa duro (hard), e canto maior sexa o número que ten ó lado máis dura será a mina. Non emborrona, pero pode raiar o papel se apretas moito. Utilízase para deliñación.

B significa brando, ou máis ben vén de negro (black), e canto maior sexa o número que o acompaña máis brando é. Úsase en debuxo artístico.

Para bosquexos e esbozos o mellor é utilizar un lapis intermedio, B ou HB.

lapis_fabricacion.jpg

Como se fabrican os lapis?

A partir dun bloque de madeira normalmente de cedro obtéñense finas táboas nas que se gravan uns surcos.

Neses suscos colócanse as minas de grafito, e logo cólase outra táboa enriba.

Unha máquina encárgase de separar os distintos lapis da táboa.

Por útimo o que se fai é pintar, vernizar e afiar os lapis.

Aquí temos un documental no que se explica o proceso de fabricación:


[youtube: El Lápiz]

E aquí outro máis sinxelo:
[tudiscovery: Lápices]


Letras de papel en 3D

En epson.com.sg podemos baixarnos uns modelos para construír letras e números de papel como as que podes ver aquí:

tecnoloxia org

Pode ser un recurso útil para facer carteis, decorados para obras de teatro, intervencións tecnoartísticas ou o que queiras.
Mellor imprimir en cartolina ou papel groso, especialmente se imprimes ou fotocopias as plantillas en tamaño A3 ou maior.

01-1-766082.jpg


Letras con fotografías

Queres formar unha palabra utilizando imaxes de edificios vistas dende o ceo?
Geogreeting é unha aplicación que che permite facelo facilmente. Mira o resultado:

Tecnoloxia.org

Ademais, podes ver nun mapa o emprazamento dos edificios.

Xa vos ensinei hai un tempo unha aplicación para conseguir letras de imaxes de Flickr, pero hai moitas máis letras feitas con fotografías:

E se facemos nós as nosas propias letras?

Xuntádevos por parellas e con axuda dos vosos teléfonos móbiles ou cámaras dixitais sacade fotografías que axuden a construír a frase “Taller de Tecnoloxía“.
Axudádevos con cousas que teñan que ver coa tecnoloxía (cables, mecanismos, compoñentes, …)
Logo recortarémolas e redimensionarémolas en clase.
As mellores fotos utilizarémolas para facer un cartel de entrada no taller de tecno.


Deseña o teu selo do Día de Internet

Con motivo da celebración, o próximo día 17 de maio, do Día de Internet, Correos, como patrocinador do certame, invítanos a participar no concurso “Deseña o teu selo do Diadeinternet”.
selos.png
Con esta iniciativa, Correos quere fomentar o uso de Internet en toda a sociedade, premiando os mellores deseños que se adapten á estrutura dun selo persoalizado, e que mellor reflictan o mundo desta tecnoloxía da información e comunicación.

O prazo de presentación de traballos establécese desde o 1 de marzo ata o 15 de abril de 2009, ambos inclusive.

Hai interesantes premios, como unha consola de videoxogos ou un ordenador portátil. É unha oportunidade para gañar un premio practicando con InkScape.

Tes toda a información e as bases do concurso en
http://www.correos.es/DIADEINTERNET09

Neste caso a tematica dos selos é Internet, pero podemos atopar de todo. Bota unha ollada á galería de selos con imaxes relacionadas cos materiais:

“Os materiais e os selos”

CargaConvertidor-CHI-Stamp.jpg