Gústame esta orixinal cadeira. Simula un deseño en autoCAD da mesma.
Normalmente as liñas de contorno que se debuxan cun programa de deseño asistido por ordenador desaparecen unha vez conformada a peza, pero neste caso o autor, Jaebeom Jeong, decide mantelas no obxecto real.
Comunicación gráfica
Expresión e comunicación gráfica
Concurso de cartaces de apetega
A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) convoca o concurso para o deseño do cartel anunciador das IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato dos centros educativos de Galicia.
As xornadas este ano serán os días 24 e 25 de abril no IES Otero Pedrayo de Ourense, e o premio será material electrónico/informático valorado en 150€.
Pódense consultar aquí as bases do concurso.
É unha oportinidade para practicar con programas de deseño gráfico e esmerarse para conseguir o premio.
O noso compañeiro Antonio, do IES Mendiño de Redondela ten publicados no seu blogue algúns videotitoriais de GIMP. (web da aplicación)
Pódense consultar nesta ligazón.
E o noso compañeiro Tucho ofrécenos tamén no seu blogue uns titoriais de InkScape. (web da aplicación). Pódense consultar nesta ligazón
Debedes utilizar imaxes libres ou con licenza creative commons para o deseño do cartaz. Hai un tempo publiquei un post no que ofrecía enderezos de bancos de imaxes que vos poden ser útiles para realizar este traballo.
Sorte no concurso!
Paper Blocks: Tetris 3D
Microsiervos achéganos unha interesante aplicación para traballar a visión tridimensional: Paper Blocks.
Trátase dunha recreación do tetris en 3D para xogar on-line, parecida ao tetrical que vos anunciaba hai tempo. As pezas móvense cos cursores do teclado e fanse xirar coas teclas A-S-D.
Bancos de imaxes
Xa sexa para os apuntes do profesorado como para os traballos do alumnado temos que botar man de imaxes da rede para ilustrar ditos documentos. Se imos publicalas en internet, hai que ter coidado coa licenza da imaxe.
Aquí van algunhas direccións nas que podemos conseguir (e nalgúns casos aportar) imaxes para a área de tecnoloxía:
TecnoVisual. Galería visual para uso educativo que nace no departamento de Tecnoloxía do IES Arzobispo Lozano de Jumilla (Murcia). Calquera que se rexistre pode colaborar enviando as súas fotografías.
- Aula de tecnología. Galería en Flickr de Xavier Rosell (www.auladetecnologia.com)
- Galería de imaxes de electrónica IES A Farixa.
- Galería de compoñentes electrónicos. Obdulia García
- Galería de Ferramentas. Sindo Monteagudo
- Galería de imaxes de electrónica. Do blog “Electrónica Pascual”
- CNICE. Banco de imaxes e sons do Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa
- Ingenious. 30000 imaxes de coleccións de museos de ciencia e tecnoloxía do Reino Unido.
- Science Pics. Banco de imaxes de ciencia, tecnoloxía e investigación da Junta de Andalucía.
- Wikimedia Commons. Proxecto irmán da wikipedia
- wylio Ofrece o código html para inserir
- Image After. Bliblioteca online de imaxes gratuítas
- MorgueFile. Banco de imaxes gratis para uso profesional e educativo.
- Pics4learning Image library for teachers and students
- Photl.com Descarga de imaxes en alta resolución.
- PicApp. Banco de imaxes gratis
- Pixel Perfect Dixital. Arquivo de imaxes gratuítas
- Flickr Creative Commons. Podemos seleccionar na busca avanzada a localización de imaxes con licenza Creative Commons.
- Flickrcc. Servizo que selecciona imaxes de Flickr con licenza Creative commons.
- Compfight. Outro buscador de imaxes creative commons de Flickr
- OpenPhoto. Fotografías clasificadas por categorías e utilizables baixo distintas variantes de licenza Creative Commons.
- kavewall Free Stock Photos, Images and Textures.
- Cepolina Fotografías gratis de tecnoloxía
- Stockvault Fotografías clasificadas por categorías
- Stock.Xchng. Fotos para uso libre baixo diversas condicións, xeralmente non-comercial e referenciando a autoría.
- Zen Textures Texturas para fondos
- images.google. Non podía faltar, pero ollo coas licenzas.
Se sabes dalgunha galería máis que sexa útil para o ensino da tecnoloxía podes indicala para engadila no listado.
GPS de 1920
Na imaxe podes ver un sistema de navegación en versión mecánica de 1920.
Non existía o GPS, así que había que conformarse con enrolar nun soporte mecánico de pulseira un pergamino no que ía debuxada a ruta a seguir. Alta tecnoloxía.
(Visto en tec.nologia.com)