tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Cadeira Grid

Gústame esta orixinal cadeira. Simula un deseño en autoCAD da mesma.
Normalmente as liñas de contorno que se debuxan cun programa de deseño asistido por ordenador desaparecen unha vez conformada a peza, pero neste caso o autor, Jaebeom Jeong, decide mantelas no obxecto real.
grid_chair.jpg

Deseño de cadeiras… cos tapóns das botellas de cava!

Estou segura de que son moitos os lectores e lectoras deste blogue os que, nas infinitas sobremesas das celebracións de Nadal, entretéñense facendo figuriñas coa cortiza e arames do cava (eu teño feito unhas cantas), así que … por que non participar nun concurso?

Infórmannos dende nopuedocreer.com do concurso navideño DWR Champagne Chair Contest para as 50 mellores cadeiras en miniatura fabricadas íntegramente con compoñentes de dúas botellas de cava ou champagne como máximo.

Para participar tes que enviar unha fotografía da túa cadeira en miniatura antes do 9 de xaneiro, e as 50 miniaturas finalistas pasarán a formar parte dunha exposición itinerante.

Podes consultar as bases do concurso.

Aquí tes unha mostra do que se pode facer:

champagne_cork.jpg

champagne_cork3.jpg

champagne_cork2.jpg

Animádesvos a participar?…

A billa máxica

Cando se deseña e constrúe un obxecto ou sistema, a orixinalidade non ten por que estar reñida coa funcionalidade. Aquí tes un exemplo dunha fonte:

fontebilla.jpg

(Vía: Inspire me, now!)

Un deseño orixinal pero que non sexa funcional e práctico non vale, a non ser que se trate dunha obra de arte que só persiga chamar a atención.

sofa_huevos.jpg

Tarefa:
– Buscar formas orixinais para obxectos funcionais cotiáns.
– Mellorar a funcionalidade de obxectos de deseño que non vexas funcionais.…

Estanterías

O verán é un bo momento para organizar a casa e todos eses trastos que hai dentro e, de paso, darlle un toque persoal. O interesante é deseñar e montar os propios mobles.  Hai que ter coidado en calcular ben o despece dos taboleiros e tamén na estabilidade da estrutura, pero cun pouco de imaxinación e unhas ferramentas pódese crear unha estantería moi orixinal. Teño que poñerme antes de que remate o verán. Por se alguén máis está con iso, aquí van algunhas ideas atopadas na rede:

As estanterías modulares válenche para adaptalas a diferentes espazos. Parecéronme moi orixinais estas con módulos que se entrelazan para formar diversas configuracións, inspiradas no tetris ou que desafían a gravidade.

particle-elements.jpg
tetrisdesafío á gravidade

Tamén podemos aproveitar as estanterías para agochar mobles dentro delas, como se pode ver nestas fotos:

estantería con mesasestantería con sillas

Tamén son interesantes algunhas feitas con diferentes materiais, como esta estantería metálica extensible, unha feita cunha goma elástica, ou a feita con divertidos ladrillos de cores.

extensibleelásticade ladrillos

E que vos parece esta en forma de ecuación matemática? E a que se pode enrolar?
ecuación estante enrollable

Bueno, eu quédome coa estantería que agocha unha mesa no interior, que sempre pode ser útil para subir á parte alta ou utilizala como moble supletorio. O que non me convence é iso dos estantes inclinados.

Para estantería chula esta de mármore, pero creo que está deseñada para non meterlle nada dentro, que é como queda bonita, e para iso hai que ter unha casa grande con moita parede, que non é o caso.

estantería de mármore