Unha versión eléctrica do clásico “Are you gonna be my girl” de Jet.
1, 2, 3 A song about electricity
because it powers our lives
makes it possible for us to thrive
electricidade
Unha versión eléctrica do clásico “Are you gonna be my girl” de Jet.
1, 2, 3 A song about electricity
because it powers our lives
makes it possible for us to thrive
Precioso vídeo feito cun rotulador de tinta condutora de AgIC.
Interesante e con moitas posibilidades tecnoartísticas, este rotulador paréceme un recurso moi bo para proxectos nos que non queiramos ter cables polo medio.
Preciosa esta combinación de levitación magnética coa tecnoloxía sen fíos de transmisión de enerxía. “Flyte” é obra de Simon Morris e trátase dunha lámpada que semella unha antiga de incandescencia pero que no interior está composta por LEDs. Levita xirando sobre unha base que funciona coma unha estación de carga sen fíos por indución electromagnética, o que provoca o acendido dos LEDs.
Podes velo no seguinte vídeo:
[Flyte : Levitating Light from Narwhal Pictures on Vimeo]
Polo aire non se transmite electricidade, senón un campo magnético. Cando unha bobina se sitúa preto da outra, por efecto do campo magnético xérase nesta última unha corrente eléctrica, que fai que se acenda o LED.
Se queredes, podedes probar este sinxelo experimento de acendido dun LED por indución electromagnética. Necesitades construír dúas bobinas (unha emisora e outra receptora) e conectar un transistor, unha resistencia e un LED, tal e como explican neste vídeo:
[youtube: Proyectos | Transmisión Inalámbrica de Energía Eléctrica – Muy fácil de hacer]
Que sucede cando aplicas 15000 voltios a unha madeira? Pódelo ver neste vídeo:
[youtube: Fino Philips] (Vía: saltacomungat)
Alguén pensa que o que se mostra no seguinte vídeo pode funcionar? É posible ou imposible?
[youtube: Como generar electricidad gratis!!] (Colgouno César Fernández en Redeiras)
Axiña vou montar un para conectar o microondas, a neveira, a lavadora e a prancha. O que vou aforrar na vindeira factura da luz!
Desde logo que estamos ante un fake. Onde está o truco? Que cousas non cadran? Que leis se incumpren? Como o fixeron?