Vaixela eléctrica

Cada día aparecen novos gadgets que incorporan a electrónica a obxectos que nunca a precisaron. De feito a electrónica non fai máis que ocupar cada vez máis espazo nas nosas vidas.

Agora parece que chegou a hora de incorporarse ás nosas mesas, xusto debaixo dos alimentos.

plate1.jpg

Drach e Dov ganchrow incorporan aos pratos un conductor metálico serigrafiado sobre a cerámica, de xeito que se conectamos unha fonte eléctrica xérase a enerxía calorífica necesaria para manter os alimentos quentes, todo iso sen deixar de lado un bo gusto na decoración.

plate2.jpg plate3.jpg

Neste caso a decoración resulta ter unha utilidade a maiores da puramente estética, ou a resistencia ten forma artística e decorativa, segundo se queira ver. De novo arte e tecnoloxía camiñan xuntas.


Altofalante humano

Este experimento de “Flipi” pódese facer facilmente na casa.

Podedes comprobar como a pequenísima corrente eléctrica que atravesa o corpo humano é capaz de facer soar un altofalante.
Xa fixemos en clase de 4º de ESO unha cadea humana para facer acender un led e que soara un zoador utilizando un circuíto amplificador con transistores, así que isto non vos sorprenderá.

Se facedes este experimento na casa tede coidado de usar o cable de audio, o que vai ata os altofalantes, e nunca o cable de alimentación eléctrica.

E tamén podedes escoller mellor música para facer a proba ;-)


Seguidor solar

girasol04.JPGNo blogue “Alma de Herrero” atopei un sinxelo seguidor solar.

Non utiliza ningún circuíto electrónico con sensores de luz, senón unicamente dúas placas fotovoltaicas e un motor solar.

O seguidor oriéntase automaticamente cara ao Sol, movéndose ata que as dúas placas reciban a mesma iluminación. Nese intre o motor para.

Se o eixe das placas deixa de estar orientado, unha das placas estará máis iluminada cá outra, terá unha voltaxe maior e fará que o motor vire de forma que tenda a orientar de novo o conxunto.

As conexións son estas:
girasol01.jpg


Deformación magnética dunha imaxe de TV

Grazas a Electrónica Pascual entérome da existencia da videoteca do MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusset), na que podemos atopar interesantes vídeos sobre tecnoloxía e ciencia.

Na sección de electrónica atopamos este experimento: Cando un potente imán achégase a unha pantalla de televisión obsérvase como se deforman a imaxe e as cores.

Isto prodúcese porque nos televisores de tubo de raios catódicos (CRT) as imaxes son producidas por raios de electróns que se desvían e aceleran ata os distintos puntos da pantalla, producindo puntos de luz na mesma. Cando achegamos o imán o que facemos é desviar eses feixes de electróns, producindo unha deformación da imaxe.

tv.png

(Imaxe: sección aula do xornal El Mundo)