III Regata Solar Marine Instruments 2018

O vindeiro sábado 23 de xuño hai unha cita tecnolóxica en Baiona: a III regata solar Marine Instruments.

Trátase dunha competición con dúas categorías, escolar e open, que consiste na fabricación dunha embarcación alimentada unicamente con enerxía solar e na que interveñen diferentes tecnoloxías: deseño naval, electrónica, procesos de fabricación, eficiencia enerxética, telecomunicacións, etc.

A competición desenvolverase de 10 a 14h e haberá dúas probas, unha de resistencia e outra de velocidade.

Máis información en www.regatasolar.org


Derretendo pedra coa enerxía do Sol

Hai tempo vimos como é posible derreter aceiro utilizando un concentrador solar. Pois a cousa non queda aí: Tamén é posible derreter unha pedra natural coa enerxía do Sol.

Fixérono no Forno Solar de Investigación que hai no sur de Francia, e alcanzáronse 3500ºC na experiencia. Aquí tedes o vídeo:

[youtube: Jem Melts Rock Using Sunshine – Bang Goes The Theory – Series 3, Episode 5 Preview – BBC One]
(Visto en Interesting Engineering)


EficienTIC. O ataque do móbil pataca!

???????? ?? ?????O vindeiro martes 24 de xaneiro asistiremos á actividade de EficienTIC “O ataque do móbil pataca!” no CITEXVI – Cidade Tecnolóxica de Vigo (Parque Científico e Tecnolóxico da Universidade de Vigo no Campus Universitario de Lagoas Marcosende).

(Ver cartel en tamaño grande)

O proxecto de divulgación EficienTIC é un conxunto de actividades e talleres dirixidos a escolares de ESO e Bacharelato dos centros escolares galegos, coa fin de difundir e divulgar os conceptos básicos e as tecnoloxías máis innovadoras das áreas nas que traballa EnergyLab (Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética) e Gradiant (Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia), que son as áreas das tecnoloxías de Información e Comunicacións (TIC) e a da eficiencia enerxética.

Tedes toda a información no blogue de EficienTIC.

– – – – – – – – – –

Actualización 30 de Xaneiro de 2010

Aquí tedes algunhas fotos da actividade:

E aquí a reportaxe que saíu no programa A Solaina da Televisión de Galicia. Está a partir do minuto 28:50

A nova en Código Cero: Celebrada con éxito a primeira xornada de EficienTIC


Asasinando a un coello de chocolate

Buscando pola rede exemplos de transmisión do calor por condución, radiación e convección atopei este curioso vídeo. Resulta algo “gore”, pero exemplifica moi ben como son estas formas de transmisión de enerxía térmica.

[youtube: Salón del chocolate. Asesinar un conejo.]

(Visto en Ciencia en el siglo XXI)


Turbinas hidráulicas

Dependendo da altura da caída ou do caudal de auga, as centrais hidroeléctricas poden utilizar diferentes tipos de turbinas. Aquí tedes algunhas fotografías, animacións e vídeos:

[youtube: 3 Virtual Turbines: Pelton, Francis and Kaplan]

Turbina Pelton

Utilízase cando se dispón dun gran salto de auga pero non de moito caudal.

[youtube: Pelton water turbine, 715 kVA]

Turbina Kaplan

Emprégase para saltos de auga inferiores a 60 m e moito caudal.

[youtube: Turbina de Yacyreta – Kaplan]

Turbina Francis