tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

III Xornada Monográfica de APETEGA. Enerxía Solar.

apetega_solar.pngAPETEGA organiza un ano máis a Xornada Monográfica, esta bez baixo o tema A Enerxía Solar. Será o 28 de novembro de 2009 en Nigrán.

A xornada está dirixida ao profesorado do ensino público de educación secundaria que imparta a área de Tecnoloxía.

Os obxectivos son:

  • Presentar os principios físicos de captación e almacenamento de enerxía solar térmica e a súa aplicación ao procesado de alimentos.
  • Fomentar o desenvolvemento de prototipos de cociñas solares adaptadas a diferentes condicións e usos.
  • Presentar os materiais e dispositivos empregados na captación e utilización da enerxía solar fotovoltaica.
  • Capacitar ao profesorado na construción de reguladores de tensión electrónicos adaptados a uso solar.

Prazo de inscrición: dende o luns 9 de novembro ás 22:00 h ata o venres 20 de novembro ás 20:00 h
Hai prazas limitadas, así que se vos interesa anotádevos canto antes.

Máis información:

Aeroxeradores alternativos

Cando falamos de aeroxeradores pensamos sempre nos que temos espallados polo monte por toda a xeografía galega, pero hai moitos deseños máis. O curso pasado mostrei algunhas alternativas para xerar enerxía eléctrica a gran escala a partir da enerxía vento, pero tamén hai aeroxeradores para producir enerxía eléctrica a pequena escala, para alimentar edificios ou pequenos aparellos electrónicos.

Nesta galería tedes unha mostra:


(Vía: designboom e popularmechanics)

Podes ver máis anotacións sobre aeroxeradores.…

Almacenamento de enerxía eléctrica

elec_rato.jpgO curso pasado, cando explicaba en 3º de ESO o proceso dende que se xera enerxía eléctrica ata que chega ás nosas casas, preguntoume un alumno que ónde se almacenaba a enerxía que se xeraba.

Pois non, non se almacena, a grande escala non é posíbel. Esa enerxía que consumes estase a producir nalgunha central nese mesmo intre.

O que se fai coa enerxía eléctrica sobrante nas centrais é invertela noutras cousas coma, por exemplo, elevar de novo auga ao encoro nas centrais hidroeléctricas de bombeo, pero non hai ningún sitio onde se garde.

Explícannolo brevemente neste vídeo de teknopolis:

[Vídeo: almacenamento de electricidade]

Quen se encarga de controlar a cantidade de enerxía eléctrica que cómpre xerar e distribuír é o Centro de Control Eléctrico. Podes probar realizar este traballo co simulador “Controla“.

Aproveito para dicir que en teknopolis temos interesantes vídeos de ciencia e tecnoloxía que se poden descargar ou inserir nos sitios web.…

Agora que hai sol, cociña solar e fotosaltóns!

Esta última semana de curso aproveitamos para facer uns miniproxectos que non levan moito tempo nin traballo. Trátase dun fotosaltón e dunha cociña solar na que fixemos chocolate.

As ideas saqueinas do obradoiro de Xavier Diz nas IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, organizadas por APETEGA.

Fotosaltón:

Aquí podedes ver un vídeo do funcionamento do fotosaltón, un vibrobot solar que funciona cun pequeno motor vibratorio e unha placa fotovoltaica. Ao poñerse ao sol o fotosaltón comeza a vibrar.


youtube: fotosaltón

Segundo como coloquemos as patas a dirección do movemento é diferente.

Se queredes construír un podedes dercargar aquí as instrucións.

Cociña solar

Onte puxemos ao sol a cociña solar. Quedounos un pouco xusto o tempo para facer un litro de chocolate, e houbo que recoller antes de tempo, polo que só chegamos a 70ºC. Na seguinte ocasión haberá que reservar polo menos 2 horas.·

Aquí tes as instrucións para montar unha.