¿sǝʌǝɹ oɐ sɐɹʇǝl ɹıqıɹɔsǝ sǝɹǝnQ
Vale para msn, foros, blogs, fotolog, etc., pero non funciona con internet explorer. Usa firefox!
http://letrasalreves.com/
Cousas que atopamos pola rede
¿sǝʌǝɹ oɐ sɐɹʇǝl ɹıqıɹɔsǝ sǝɹǝnQ
Vale para msn, foros, blogs, fotolog, etc., pero non funciona con internet explorer. Usa firefox!
http://letrasalreves.com/
Aquí podes ver a interpretación gráfica da páxina principal deste blogue a día de hoxe:
Baséase nas etiquetas usadas no código HTML da web.
Introduce aquí a url da túa web para obter a súa interpretación gráfica.
Máis información nesta ligazón
(vía: cuarto derecha)
No seguinte vídeo explícannos de xeito sinxelo de que vai a web semántica.
Grazas a Dreig por ensinárnolo e a Alberto pola tradución a galego.
Máis información:
– Guía breve de web semántica de W3C
– Web semántica na galipedia
Xa sexa para os apuntes do profesorado como para os traballos do alumnado temos que botar man de imaxes da rede para ilustrar ditos documentos. Se imos publicalas en internet, hai que ter coidado coa licenza da imaxe.
Aquí van algunhas direccións nas que podemos conseguir (e nalgúns casos aportar) imaxes para a área de tecnoloxía:
Se sabes dalgunha galería máis que sexa útil para o ensino da tecnoloxía podes indicala para engadila no listado.
Podedes consultar a relación de ligazóns relacionadas co ensino da tecnoloxía clicando en “Ligazóns” no panel lateral esquerdo.
Se vedes que falta algunha interesante podedes engadila na categoría correspondente.
Tamén podedes subscribiros co RSS das ligazóns para ver as últimas novidades introducidas.
Pouco a pouco, cada vez somos máis os profesores e profesoras de tecnoloxía que publicamos na rede o material que temos feito, apuntes, prácticas e proxectos. Cada aportación, por pequena que sexa, contribúe a enriquecer a rede, a ampliar biblioteca virtual de recursos para a área e a dar a coñecer o noso traballo na educación secundaria.
Se aínda non tes nada publicado, anímate!
(Imaxe obtida de Sincita)