Audio en wordpress.com

audioOs que tedes o voso blog aloxado en wordpress.com tivestes problemas para inserir arquivos de audio con deezer.com e con ivoon.com. Aquí tedes unhas alternativas:

Para inserir arquivos de audio en wordpress.com debedes escribir entre corchetes

A URL do arquivo de audio mp3 podedes collela de varios sitios, como por exemplo:

Tamén podedes subir os vosos arquivos de audio a:

  • mediamax.com (o arquivo tes que movelo a “hosted” unha vez subido)

Cando teñades a URL, xa podedes inserir o audio.

Aquí hai un exemplo dunha canción de Jamiroquai:



A ver se agora vos vai.


Ferramentas para o teu blogue

Aquí tedes unha serie de ferramentas útiles para os vosos blogues. Danche espazo gratuíto para almacenar os teus arquivos.

Hai moitísimas, pero aquí están algunhas básicas. Máis adiante xa veremos outras. En todas elas xa está creada a conta para o alumnado, co mesmo nome de usuario e contrasinal de sempre:

Para subir fotografías:

Flickr
Podédelas subir en calquera resolución, pero cando vaiades publicalas nun blog non vos excedades no ancho. Ata 450 píxeles está ben.

slide
Neste sitio podes crear os teus álbumes de fotografías animados para o teu blog.

Para subir vídeos:


O sitio máis famoso é YouTube, pero hai moitos máis.

Para publicar documentos:

slideshare scrobd
Estas ferramentas están moi ben se queres publicar presentacións de diapositivas, documentos de Open Office, ou pdfs.

box
Funciona coma un disco duro virtual, no que podes almacenar todo tipo de arquivos, sempre que non te excedas de 1 GB na súa versión gratuíta. Publicando no teu blog a URL do teu documento fas que a xente poda descargalo dende box.

Para poñer música no teu blog:

deezer ivoon
Podes seleccionar unha canción, subir os teus mp3 e engadir música nunha entrada do teu blog.

Aquí tes un exemplo:

free music


Subtitular vídeos

dotSUBEn internet atopamos interesantísimos vídeos de tecnoloxía útiles para as nosas clases, pero temos o problema de que a maioría están en inglés.

Hai unha solución: dotSUB. (Grazas Xano pola ligazón)

Trátase dun servizo colaborativo que permite a calquera adicionar lendas a vídeos na internet. Só hai que seleccionar un vídeo xa existente ou subir un e introducir os subtítulos, podendo utilizar unha lenda sincronizada xa existente como referencia, polo que non hai que preocuparse da sincronía e axustes nos textos.

Aquí tes un exemplo de vídeo subtitulado en galego sobre a licenza Creative Commons.

Pois nada, a ver se entre todos e todas facemos que vaia aumentando a cantidade de vídeos de tecnoloxía en galego na rede, polo menos subtitulados.


Publicar un blogue

Un blogue, blog, weblog ou bitácora é un sitio web que recompila textos ou artigos que se van ordenando cronoloxicamente.

Os artigos poden incluír imaxes, vídeos, slides, animacións flash, son, etc. Existen infinidade de aplicacións útiles para inserir contidos nos blogs.

Un blog pode ser xestionado por unha ou varias persoas, pode tratar unha temática concreta, e as persoas visitantes poden, na maioría dos casos, deixar os seus comentarios.

What is it Boy?

É moi doado crear un blog. Antes de facelo pensa detidamente:

  • No deseño.
  • No contido. De nada serve ter un magnífico deseño se logo non ofrecemos un contido interesante. Pensa no que vas publicar.

Para facerte unha idea do que podes facer podes visitar antes algúns blogs. Aquí diante de ti tes un, e podes atopar máis utilizando buscadores especializados:

Agora terás que pensar como e onde publicar o teu blog. Hai moitos sitios que ofrecen o servizo e o aloxamento de xeito gratuíto. Aquí tes algúns:

Agora só falta que te animes a crear un!