A máquina que fai desaparecer o movemento

O motor da máquina que podes ver a continuación móvese a unha velocidade angular de 200 rpm (revolucións por minuto) e a última engrenaxe está incrustada nun bloque de formigón. Como é posible iso? Onde marchou o movemento? Desapareceu?

concrete side
[Machine with Concrete – Arthur Ganson]


[youtube: Machine with Concrete – Arthur Ganson]

Para entender o que está a suceder podemos facer uns cálculos. A máquina consta dun motor que xira a 200rpm unido a unha serie de 12 sistemas de transmisión parafuso sen fin – coroa, cada un cunha relación de transmisión 1/50.

Xa coñecemos o magnífico poder redutor do sistema sen fin – coroa. Neste caso a relación de transmisión utilizada é 1/50, é dicir, necesitamos 50 voltas do parafuso para que a roda dentada dea unha volta.

i= 1/50

Para calcular a relación de transmisión global de todo o sistema formado por 12 conxuntos sen fin – coroa, multiplicamos as relacións de transmisión parciais.

iT= (1/50)12 = 4,096 · 10-21

Para calcular a velocidade á que se move a última engrenaxe só temos que multiplicar a velocidade do motor pola relación de transmisión total:

n2 = iT · n1
n2 = 4,096 · 10-21 · 200 rpm = 8,192 · 10-19 rpm

Unha velocidade moi moi moi pequena.

Imos calcular agora canto tardaría a última engrenaxe en dar unha volta completa:

1 volta · 1 minuto/8,192·10-19 voltas · 1h/60min · 1día/24h · 1ano/365días = 2,32·1012 anos = 2.320.000.000.000 anos

Isto significa que se a máquina funcionase continuamente e sen interrupción tardaría 2,32 billóns de anos en darlle unha volta completa ao bloque de formigón. Polo tanto, podemos incrustar a última engrenaxe no bloque de formigón, nun edificio ou onde queiramos, a velocidade é tan reducida que practicamente é coma se non se movese.

·

Esta máquina é obra do artista Arthur Ganson, un enxeñeiro mecánico de profesión que tamén se dedica á creación de esculturas cinéticas. Ten obras moi interesantes. Velaí dúas que me encantan:


[youtube: Machine with Roller Chain – Arthur Ganson]


[youtube: Machine with Ball Chain – Arth315ur Ganson]

Podes ver máis obras de Arthur Ganson na súa web.


A Tuneladora “Miñoca” chegou a Vigo

Hai xa 3 anos que viamos en Redondela as pezas da primeira tuneladora do AVE que se ía encargar de furar o monte da Madroa, para comunicar o Val das Maceiras (Redondela) con Vigo.

Ben, pois onte, con bastante retraso, a Tuneladora “Miñoca” do AVE chegou a Vigo!


[Imaxe: Faro de Vigo 14/07/2008]

Aquí tedes un vídeo da chegada á meta. Recoméndovos saltarvos as intervencións dos políticos e centrarvos en ver como a tuneladora se vai comendo a pedra.
O que non logro entender é por onde saen os operarios do final do vídeo.

[youtube: La Tuneladora “Miñoca” del AVE llega a Vigo]

Se queredes saber máis sobre o funcionamento das tuneladoras, podedes ver esta infografía do xornal El mundo.

[El mundo: Cómo funciona una tuneladora]

Na seguinte reportaxe de Localia-Vigo podedes coñecer a Miñoca por dento:
[youtube: Lista de reprodución: tuneladora_vigo]


O motor V12 máis pequeno do mundo

En tecnoloxia.com descubrimos este interesante vídeo: Un motor V-12 naval de inxección de aire comprimido construído de xeito artesanal.

Ten 12 cm3 de cilindrada, o diámetro dos cilindros é de 11,3 mm e a carreira dos pistóns é de 10 mm. Funciona con aire comprimido, cunha presión de 0,1 kg/cm2. Está construído con aceiro inoxidable, aluminio e bronce.

[youtube: El motor V-12 más pequeño del mundo]

Pero non nos imos quedar co motor máis pequeno, pois os enormes motores de barcos creo que impresionas máis. Non te perdas o Mega Motor diésel.

Actualización 29/11/2011:
Nesta páxina temos máis información sobre Patelo, o xubilado que se dedica a fabricar minimotores.


Broca para furar cadrados

Pois si, existen as brocas para furar cadrados!

A cousa non é sinxela, pois non chega con ter unha broca dunha forma determinada. Se o movemento que realiza é circular, a sección cortada sempre será un círculo.

Para facer un burato con forma de polígono (cadrado, hexágono, etc) cómpre ter un mecanismo que mova a broca dun lado a outro, de xeito que a liña de corte resultante sexa da forma desexada.

Por exemplo, para facer un burato cadrado utilízase unha peza en forma de triángulo de lados curvilíneos (triángulo de Reuleaux) e facémola xirar nun eixe excéntrico. Pódelo ver nos vídeos da seguinte lista de reprodución.


[Lista de reprodución de youtube: furar_cadrados]

Mediante sistemas similares podemos furar elipses, triángulos, hexágonos, ou calquera forma poligonal.

(Visto hoxe en varios sitios do google reader : electronicapascual, ideasecundaria, e algún máis que non me lembro )