Drawbot. Robots pintores.

Continuando cos sinxelos robotiños vibradores, como o Toothbrush Bot ou os vibrobots, hoxe, vía coin-operated.com, atopei un vídeo con novos modelos feitos con material de refugallo e unhas pinturas ou rotuladores.

A vibración dos robots fai que se movan creando orixinais composicións artísticas.

Drawbotdeseñodogbotgrupo

Paréceme un interesante e divertido proxecto para o primeiro curso da ESO ou para educación primaria. Ademáis de aprender o circuíto eléctrico, practícase o deseño de obxectos.


Estanterías

O verán é un bo momento para organizar a casa e todos eses trastos que hai dentro e, de paso, darlle un toque persoal. O interesante é deseñar e montar os propios mobles.  Hai que ter coidado en calcular ben o despece dos taboleiros e tamén na estabilidade da estrutura, pero cun pouco de imaxinación e unhas ferramentas pódese crear unha estantería moi orixinal. Teño que poñerme antes de que remate o verán. Por se alguén máis está con iso, aquí van algunhas ideas atopadas na rede:

As estanterías modulares válenche para adaptalas a diferentes espazos. Parecéronme moi orixinais estas con módulos que se entrelazan para formar diversas configuracións, inspiradas no tetris ou que desafían a gravidade.

particle-elements.jpg
tetrisdesafío á gravidade

Tamén podemos aproveitar as estanterías para agochar mobles dentro delas, como se pode ver nestas fotos:

estantería con mesasestantería con sillas

Tamén son interesantes algunhas feitas con diferentes materiais, como esta estantería metálica extensible, unha feita cunha goma elástica, ou a feita con divertidos ladrillos de cores.

extensibleelásticade ladrillos

E que vos parece esta en forma de ecuación matemática? E a que se pode enrolar?
ecuación estante enrollable

Bueno, eu quédome coa estantería que agocha unha mesa no interior, que sempre pode ser útil para subir á parte alta ou utilizala como moble supletorio. O que non me convence é iso dos estantes inclinados.

Para estantería chula esta de mármore, pero creo que está deseñada para non meterlle nada dentro, que é como queda bonita, e para iso hai que ter unha casa grande con moita parede, que non é o caso.

estantería de mármore


BeetleBot

BeetleBotBeetlebot é un sinxelo robotiño que pode evitar os obstáculos que atopa no seu camiño. É similar ao “pegatortas” de cucabot, pero máis pequeno, pois non necesita plataforma.

Para construílo só necesitas dous motores, dúas pilas AA co seu conector, un par de clips, unha bola que fai de roda tola, cable e estaño. As instruccións telas en instructables e tamén en vídeo.

Podes ver neste vídeo unha mostra do seu funcionamento:


Vibrobots pintando

Hai uns meses falei do Toothbrush Bot, sinxelo robotiño feito cun cepillo de dentes, un motor con excéntrica sacada dun vello teléfono móbil e unha pila de botón. Hoxe atopei unha versión que utiliza dous cepillos, o que mellora a estabilidade. Neste vídeo podes ver como estes vibrobots poden facer unha interesante obra de arte para decorar o taller de tecno.


Chris Cerrito’s Vibrobots on Paint on Vimeo.