Parabéns ao alumnado do IES Primeiro de Marzo de Baiona, que conseguiu na 6ª competición de robots da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo o 1º premio na categoría de bacharelato e o 1ºpremio na categoría de 3º-4ºESO. Parabéns tamén ao outro grupo de 4º que chegou á final pero non acadou premio, e tamén a todo o alumnado que se esforzou en conseguilo, aínda que sen éxito.
Control e Robótica
Control e Robótica
Clasificador branco/negro
Velaquí un proxecto de automatización, control e robótica que fixemos no IES: unha máquina que separa fichas brancas e negras e deposita cada unha na caixa correspondente. Tedes aquí a información.
Outros proxectos que quedaron a medias ou mellorables quedan para o curso que vén. Este ano botóusenos o tempo enriba.
Proxectos arduino
Con bastante retraso publico algúns dos proxectos de control e robótica con arduino do curso pasado 2020-2021:
Cinta transportadora:
Proxecto de Joaquín, Vanesa e Rubén. Curso 2020-2021. Separa tres tamaños de cilindro e conta as pezas pequenas e medianas, mostrando o resultado nunha LCD.
Ascensor
Proxecto de María, Manuel, Tania e Chiti no curso 2020-2021 . Ascensor programando as portas corredizas “Articulated sliding doors“ de Thingiverse.
Invernadoiro
Proxecto de Daniel, Xandre, Diego e Pedro no curso 2020-2021.
Como funciona un PLC
Na clase para os sistemas de control e robótica estamos a utilizar placas controladoras arduino, pero na industria o que se usan son Controladores Lóxicos Programables (PLC).
Este vídeo explica de forma moi sinxela como funcionan os PLC nas instalacións de automatización industriais ou de edificios.
A canle de youtube Mentalidad de Ingeniería ten outro vídeos interesantes para aprender tecnoloxía. Bótalle unha ollada.
O noso IES no Faro de Vigo
Onte, 17 de decembro, publicaron no Faro de Vigo un artigo sobre o noso traballo coa robótica, polo que recibimos o premio Desafío STEM. Grazas!
Estudantes de Bacharelato construíron os seus propios robots dende cero, mostrando o seu nivel en deseño, mecánica, estrutura, electrónica ou programación. Por @SelinaOtero https://t.co/pl06pPTgcy
— Faro de Vigo (@Farodevigo) December 17, 2019
O alumnado de 2ºBacharelato que traballou no proxecto xa non está no instituto, así que a fotógrafa do xornal sacou ao de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial. Non están todos, xa que xusto cando chegou algúns estaban facendo un exame de recuperación.
Este ano haberá novos proxectos. A ver o que logramos sacar adiante este curso.