Tarefas tan doadas para nós como camiñar, correr ou subir escaleiras son un complexo desafío na robótica.
Neste vídeo podedes ver a evolución destes robots:
Vía Makezine atopei outro sinxelo robot para construír. Trátase dun robot que se mantén en equilibrio, pero non utiliza acelerómetros nin xiroscopios, senón que é moito máis sinxelo. Aquí podes ver o esquema eléctrico:
Dependendo da posición do microinterruptor, o motor xirará nun sentido ou no outro. O propio movemento do robot fai que se cambie continuamente a polaridade do motor, obténdose un movemento de balancín en equilibrio.
Supoño que a dificultade na construción radica en axustar ben a posición do microinterruptor para que o robot se manteña estable o máximo tempo posible. Haberá que propoñerllo ao alumnado o curso que vén.
Continuando cos sinxelos robotiños vibradores, como o Toothbrush Bot ou os vibrobots, hoxe, vía coin-operated.com, atopei un vídeo con novos modelos feitos con material de refugallo e unhas pinturas ou rotuladores.
A vibración dos robots fai que se movan creando orixinais composicións artísticas.
Paréceme un interesante e divertido proxecto para o primeiro curso da ESO ou para educación primaria. Ademáis de aprender o circuíto eléctrico, practícase o deseño de obxectos.…
Beetlebot é un sinxelo robotiño que pode evitar os obstáculos que atopa no seu camiño. É similar ao “pegatortas” de cucabot, pero máis pequeno, pois non necesita plataforma.
Para construílo só necesitas dous motores, dúas pilas AA co seu conector, un par de clips, unha bola que fai de roda tola, cable e estaño. As instruccións telas en instructables e tamén en vídeo.
Podes ver neste vídeo unha mostra do seu funcionamento: