Hoxe a directora do meu centro deume unha boa nova: Chamaron do MEC para comunicarnos que nos conceden unha axuda para o proxecto “Didáctica da robótica para a diversidade educativa mediante a introdución do método Lego Mindstorms” dentro do programa de axudas para o establecemento de agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns (BOE do 06-06-2007)
Traballaremos conxuntamente os departamentos de Tecnoloxía de catro centros de secundaria: un de Girona, un de Madrid, un de Bizkaia e o noso, o IES Primeiro de Marzo, de Baiona (Pontevedra)
En concreto, no noso IES, traballará neste proxecto o alumnado dos grupos de Diversificación Curricular de 3º e 4º de ESO, que participará en diversas competicións de robótica ao longo dos dous anos que dura o proxecto:
- F.I.R.S.T. Lego League
- Robocampeones
- European Robocup
Agora quentamos motores, e comezaremos a prepararnos a partir da segunda avaliación.