Facendo soar calquera superficie

Chámase Mogees, acabo de velo en microsiervos e encántame.
Trátase dun dispositivo que, a través dun micrófono de contacto e dun software específico (MuBu), é capaz de recoñecer xestos sobre calquera superficie e asocialos a diferentes sons. É obra de Bruno Zamborlin e Norbert Schnell.

Non te perdas o vídeo:
[youtube: Mogees – Gesture recognition with contact-microphones]

 

Os micrófonos son dispositivos capaces de converter o son en impulsos eléctricos.
Os micrófonos de contacto son micrófonos deseñados para detectar formas de onda sonora nun medio sólido no canto de facelo a través do aire. Utilízanse, por exemplo, para recoller o son directamente de instrumentos musicais de xeito que non afecte o son ambiental.

No caso de Mogees, o micrófono detecta vibracións na superficie, que serán diferentes en función da textura e xestos que se realicen sobre ela, e transfórmaas en impulsos eléctricos. Estes datos eléctricos dixitalízanse e, mediante o software MuBu, asóciase un arquivo de audio almacenado nunha base de datos a cada patrón sonoro que recolle o micrófono.

software MuBu


Música con bicicletas

Para amenizar estas vacacións, aquí vai outro vídeo deses de facer música sen instrumentos musicais, esta vez con bicicletas:

[Specialized Beats from WhiteNoise | Lab on Vimeo.] (Visto en ilustrae)

Actualización:
A xente de WhiteNoise Lab ten esta outra interesante composición musical feita cos sons obtidos ao manipular unha navalla suíza:

[Giant Swiss Army Knife Beats from WhiteNoise | Lab on Vimeo.

Outros vídeos da serie:

·


ArtFutura 2011 – Repasando o futuro

A partir da semana que vén, do 4 ao 26 de novembro, poderemos asistir en Vigo ao programa audiovisual de ArtFutura. Será no Marco (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) na Rúa do Príncipe.

Unha das proxeccións é Connected, documental dirixido por Tiffany Shlain que trata a influenza da tecnoloxía nas nosas vidas.

[youtube: Connected] (Podes seleccionar subtítulos en Español premendo en “cc”)

Outro documental de interese é PressPausePlay, dirixido por David Dworsky e Victor Köler, que nos fan ver a importante influenza dos novos medios na música, a arte e o deseño. presspauseplay.com

[youtube: PressPausePlay]

Coma noutras edicións, non pode faltar o ArtFutura Show, que nos mostra as obras máis relevantes deste ano no campo da animación dixital, e o Futura Graphics, que inclúe as pezas máis destacadas do motion graphics e a creación dixital recentes.

[youtube: Paths of Hate]

[youtube: The Monster of Nix]
 

Consulta:

 


Música robótica

Se queres crear un grupo musical e non tes con quen, móntate unha banda robótica e asunto solucionado. E non penses que iso soa mal. Mira este vídeo da canción “The Beautiful People” de Marilyn Manson interpretada por EOL Robot Band.

[youtube: EOL Robot Band covers The Beautiful People by Marilyn Manson]

Non faltará moito para que poidamos asistir a un concerto robótico completo. Todo se andará.

Aproveito para dicir que este sitio estará parado un tempo e será sometido a algunhas reformas. Co comezo do curso en setembro volverá a coller ritmo.

Pasade unhas boas vacacións!