Unha visión crítica do proceso produtivo e do consumismo:
Vai mirar: storyofstuff.com
Tecnoloxía e sociedade
Un obxecto tan insignificante para nós coma o capuchón dun bolígrafo é un recurso estupendo para facer un colar.
Falamos continuamente de tecnoloxía, máquinas, aparatos e sistemas que nos fan a vida máis cómoda, permítenos comunicarnos ou pasar momentos de ocio. É o que temos no noso entorno. Porén, millóns de persoas no mundo non teñen acceso á tecnoloxía máis básica, ou peor aínda, non teñen acceso á auga ou ao alimento.
Falamos de fenda dixital? A fenda é aínda máis profunda.
Creo que a partir de agora tratarei aos capuchóns dos bolígrafos con máis respecto.
A fotografía é de Fernando Ruiz, profesor de tecnoloxía que nos amosa as fotografías das súas viaxes no seu blogue fertec314
Documental de Davis Guggenheim e Al Gore “An inconvenient truth” (2006)
Trátase dun documental sobre o quentamento global que, á marxe do toque sensacionalista que ten, paréceme interesante para traballar en educación secundaria dende a perspectiva interdisciplinaria ciencia, tecnoloxía e sociedade e de forma coordinada entre varios departamentos.
E para incentivar o debate, non está de máis presentar a outra versión da historia. Témola neste documental titulado “O gran timo do quentamento global“:
Por unhas razóns u outras, o clima cambia e o planeta contamínase, non o imos negar. Dende o punto de vista da tecnoloxía, parte da solución comprende a eficiencia enerxética, as fontes de enerxía renovables e novas políticas enerxéticas. O desenvolvemento e a dispoñibilidade de novas tecnoloxías enerxéticas limpas son clave para controlar o quecemento global. Unha gran parte da tecnoloxía capaz de inverter os efectos do quentamento global xa existe, pero falta a xeneralización no seu uso. Aínda se están a investigar e a desenvolver novas tecnoloxías á marxe dos intereses económicos e políticos.
Para reflexionar: Dende un punto de vista tecnolóxico, que responsabilidade temos como persoas consumidoras e usuarias de tecnoloxía? Que podemos facer nós individualmente para axudar a reducir o quentamento global? Que políticas tecnolóxicas e económicas cres necesarias?